Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/08/2022 | Actualizada ás 14:26
A Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais asinaron un convenio de colaboración para investigar as pinturas prehistóricas da Cova dos Mouros, situada no municipio lucense de Baleira.
A través deste acordo, nas últimas semanas púxose en marcha unha nova actuación coordinada por Ramón Fábregas, catedrático da USC e dirixida por Fernando Carreira, profesor da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, contando coa participación dun equipo multidisciplinar de especialistas.
O obxectivo desta intervención, segundo recolle a Xunta nun comunicado, é cuantificar con precisión a totalidade das pinturas prehistóricas existentes na Cova dos Mouros, localizadas por primeira vez en xullo de 2017.
Para iso, realizouse unha acción previa de limpeza, respectando as pinturas, e a continuación iniciouse o traballo de documentación. Estes labores dan continuidade ás realizados entre 2017 e 2018, que permitiron confirmar a existencia de ocupacións humanas prehistóricas nesta cova.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.