Extruga na rúa: festival urbano para a mocidade en Verín

O evento, que engloba deporte, música e arte, terá lugar os días 26, 27 e 28 de agosto. As actividades son todas de balde e desenvolveranse na zona verde situada na contorna da Preguiza.

Por Galicia Confidencial | Verín | 22/08/2022 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

A.C. Lumiños e o Concello de Verín, vén de presentar a cuarta edición Extruga na rúa, un evento de carácter urbano que engloba deporte, música e arte, e que este ano, como novidade, celebrarase na zona verde situada na contorna de A Preguiza. 

Imaxe dunha edición anterior. Foto: Extruga na Rúa
Imaxe dunha edición anterior. Foto: Extruga na Rúa

Na presentación, o tenente de alcalde Diego Lourenzo quixo agradecer á asociación Lumiños "o esforzo e a dedicación que realizan en prol da cultura urbana, ofrecendo ao noso público máis mozo unha alternativa cultural de primeiro nivel". Lourenzo tamén quixo destacar o cambio de nome realizado nesta edición "pasando de Extruga Street a Extuga na rúa, apostando claramente pola promoción e defensa da nosa lingua".

ACTIVIDADES PROGRAMADAS

O Festival Extruga na rúa contará con dúas xornadas musicais que se celebrarán o 26 e 27 de agosto onde se combinarán artistas consolidados do panorama nacional con artistas emerxentes locais do mundo urbano. Contarase cunha zona de acampada gratuíta, mercadiño e foodtrucks e haberá varios obradoiros impartidos polo grupo compostelán “Vella Escola” como Street Football, pinta camisetas e iniciación ao break dance. Os asistentes tamén poderá participar nun taller de “Iniciación ao hip hop” impartido por Paula López e nunha “Performance musical” dirixida polo verinés Santiago Cañaveral. "O obxectivo destas xornadas é achegar a cultura urbana a diferentes colectivos de idades".

Como novidade, os concertos celebraranse na zona verde situada en A Preguiza e contarán con artistas de primeiro nivel como a recoñecida rapeira a nivel estatal, Santa Salut; o grupo galego de rap Rebeliom do Inframundo e, por segundo ano consecutivo, Dakidarría.  Ademais o evento contará con outros músicos da escena como Zeltia Irevire, Brais Ninguén e O Pirata, La Pepa, Insideoftheboli e Dankhe.

Cartel
Cartel

O festival tamén terá cunha xornada destinada ao eido deportivo. O domingo 28 de agosto, no Skate Park de Verín haberá una xuntanza de Bmx e scooter, probas que contarán coa dotación en premios por cada exhibición.

Outro ano máis celebrarase a tradicional “Batalla de galos” con vista a pre-rexional Freedom Fighters de Asturias e a Liga Xunta de Galicia de Break. Será o venres 26 de agosto na zona verde de A Preguiza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta