Por Galicia Confidencial | Allariz | 12/10/2022 | Actualizada ás 09:00
A Rede de Municipios pola Agroecoloxía outorgou o premio ‘Cidades e pobos que alimentan 2022’ ao mellor proxecto desenvolvido por un pequeno municipio ao Mercado da Reserva promovido dende o Concello de de Allariz. O recoñecemento chega por traballar para a visualización dos proxectos agroecolóxicos da zona e lograr un proxecto participado por persoas labregas, así como pola súa consolidación como espazo de intercambio e xeración de relacións despois de dez anos de traxectoria.
A entrega dos premios “Cidades e Pobos que Alimentan” celebrouse en Castelló da Plana, no encontro anual da Rede de Municipios pola Agroecoloxía que tivo lugar os días 6 e 7 de outubro, onde participaron máis dunha vintena de consistorios de todo o territorio xunto a organizacións sociais dedicadas á promoción da agroecoloxía. Esta primeira edición de premios pola agroecoloxía, única en todo o territorio, serviu para visualizar as mellores prácticas por unha alimentación sostible, empezando por Allariz, Valencia, Granollers, Valladolid e Eo Alimenta.
Á entrega de premios asistiron representantes dos ministerios de Consumo e Axenda 2030, a alcaldesa de Castelló e concelleiras de consistorios do estado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.