Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2022 | Actualizada ás 19:13
A fiscalidade da enerxía renovable e o seu impacto na contorna e a análise socioeconómica da vulnerabilidade en Galicia son os dous traballos recoñecidos polo xurado dos IX Premio Valentín Paz Andrade de Investigación en Economía de Galicia, que convocan o Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da USC e o Consello Económico e Social de Galicia (CES-Galicia).
En concreto, o artigo 'Renewable energy taxes and environmental impacts: A critical reflection from the wind tax in Spain', do que son autoras Rosa Mª Regueiro Ferreira e María Cadaval Sampedro, fíxose co galardón na modalidade de 'Traballos publicados en revistas científicas ou en editoriais recoñecidas', dotado con 2.000 euros.
Publicado na revista 'Energy and environment', o texto aborda a fiscalidade da actividade eólica, establecendo unha análise comparada da situación en Galicia con outras comunidades. Ademais, caracteriza socioeconómicamente este tipo de tributación e avalía a idoneidade desta fiscalidade para gravar os impactos ambientais asociados a esta xeración de enerxía.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.