Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/12/2022 | Actualizada ás 13:17
A eurodeputada Ana Miranda (BNG) participará na toma de posesión de Lula da Silva como presidente de Brasil, unha cerimonia que terá lugar en Brasilia este domingo, 1 de xaneiro. Miranda formará parte das 53 delegacións internacionais xa confirmadas que asistirán á toma de posesión do presidente electo de Brasil nuns actos que combinarán solemnidade con festa popular, segundo a propia organización.
"Desde o Bloque queremos trasladar ao presidente elector nosas felicitacións polo triunfo da democracia contra o fascismo", afirma. "É un momento crucial na historia de Brasil e queremos trasladar todo o noso apoio nesta nova etapa", agrega.
"Ábrese unha nova etapa para Brasil, de loita contra a pobreza e a exclusión, de igualdade, de recuperación do público, de multilateralismo, o respecto dos dereitos humanos, despois da época escura do bolsonarismo", asegura Ana Miranda.
A axenda deste domingo comeza ás 15,00 horas co Acto de Promesa Constitucional e transmisión televisiva directamente do Congreso Nacional, no Palaciodel Planalto. Ás 16,20 horas terá lugar a recepción da Banda Presidencial, tras o que haberá unha declaración á nación. Ás 18,00 producirase o nomeamento do Consello de Ministros e ás 18,30 a recepción no Palacio de Itamaraty. Ademais, está prevista a celebración do Festival do Futuro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.