Allariz presenta un programa de Entroido para todos os públicos

As actividades programadas desenvolveranse entre o 16, día de comadres, e o 22 de febreiro. Haberá moita ambientación musical e concurso de comparsas.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 04/02/2023 | Actualizada ás 21:15

Comparte esta noticia

O Entroido en Allariz comeza o xoves 16, "Día de Comadres", no que a Charanga Achicoria amenizará as rúas de Allariz dende as 20:30 h. O día seguinte, venres 17, de 23:30 h. ás 1:30 h festexarase a Noite de Entroido na Praza Maior cos Djs Marcox e Paulo; e o domingo amenizará a xornada de mañá polas rúas do casco antigo a charanga Cubalibre.

Casa do Concello de Allariz
Casa do Concello de Allariz | Fonte: GC

O luns 20 haberá actividades para todos os públicos. A Praza Maior acollerá a Festa Infantil dende as 17:30 h. cos Djs Marcox e Paulo e ás 21:30 h. voltará a Cachuchada no Campo da Barreira. Nos vindeiros días poranse a venda os tickets para asistir a esta xuntanza popular. Ao rematar haberá pasarrúas coa charanga El Tattoo dende a Barreira.

O martes 21, á mediodía, Los Fugitivos realizarán un pasarrúas e ás 18:00 h. dará comezo o Baile de Entroido e o Concurso de Comparsas. Space Discomóvil será a encargada de amenizar a tarde festiva en Allariz.

Para despedir o Entroido, o mércores terá lugar o Pranto de Entroido. A saída será ás 20:00 h. dende a Praza Maior e a queima do meco realizarase no Campo dos Brancos.

CONCURSO DE COMPARSAS

Ata o día 17 de febreiro está aberto o prazo de inscrición das comparsas. A orixinalidade, a elaboración e a escenificación do disfrace serán os aspectos relevantes a valorar polo xurado.

As comparsas --a partir de 10 compoñentes-- poderán optar a tres premios: 250€, 200€ e 150€ segundo o posto no que resulten clasificados. Información e inscrición: Casa da Cultura 988 440 859; cultura@allariz.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta