Por XoseRios | GC ABERTO | 15/02/2023
A obra Arquipélago Gulag é o país dos soviéts visto a través dos ollos da CIA. Entre 1946 e 1950 o Departamento de Estado dos EE.UU. elaborarían un informe sobre o traballo forzado na URSS e incluso confeccionaron o mapa GULAG. Só precisaban un nome para personificalo.
O Arquipíelago Gulag publicase en 1968, sendo Alexander Solzhenitsin o autor. Éste carecía de recoñecemento previo coma literato. En 1957 tentaba buscar contactos con occidente “para publicar os seus libros”1. O propio embaixador de EE.UU. en Moscú decribiu as obras de Solzhenistsyn como unha voluminosa, locuaz e cruda masa que había que organizar…abundando vulgarismos e relatos incomprensibeis”1. Para os intereses propostos, Alexander cumplía de sobra. Nesa propaganda contra a URSS, a CIA convertiriao nun intelectual e o seu relato sería moldeado para fins propios da guerra psicolóxica.
Dada a súa intranscendencia literaria, precisaba dun recoñecemento que viría co Premio Nobel de Literatura en 1970. Esta concesión foi acompañada dunha propaganda estrepitosa. Os voceiros do reaccionarismo fixéronse eco inmediatamente contra a URSS, entrando nos prolegómeno do militarismo da era Reagan.
Mais a mentira ten patas cortas. Solzhenistsin en privado, lamentaba a gran fortuna familiar perdida na Revolución de 1917. O propio Nixon diría na revista Neweeks: “Solzhenitsin é máis dereitista que Barry Goldwater”. Neste mesmo semanario afirman que algún asesor previu ao Presindente Ford de ter coidado con este desequilibrado mental. O xornalista búlgaro Pavlov o retrata de fascista tras comentar a súa seguinte obra “Agosto de 1914”. E cal era o problema? Se occidente apoiase en rexímenes dictatoriales para socavar a democracia mundial, porque non había de servirse dun ideólogo máis?
A publicación do Arquipélago Gulag en Europa demorou 5 anos. Durante a súa xira polo vello continente en 1976, deixa perlas coma eloxiar o franquismo. Según Solzhenitsin, Franco trouxo a “liberdade absoluta”1 ao povo español. A xira europea puso en evidencia que a CIA precisaba xa dun recambio na súa ofensiva contra a URSS.
Mentras Solzhenitsin era expuldo da URSS, en EE.UU. invistenno Doutor Honoris Causas por Harvard. Esta foi a súa última aparición nun acto oficial. Faríao xunto a outros 11 galardonados mais, rematando a súa internvención cun “o mundo occidental perdeu o seu ardor social…As autoridades destes países debilitaronse ante a URSS”1. En 1982 declina unha invitación para xantar co Presidente Reagan na Casa Blanca xunto a outros renegados. É de supoñer que estaba disconforme por algo.
Mais Solzhenitsin tivo sorte. En EE.UU. os individuos sospeitosos de ser axentes ao servicio doutro país non acostuman a comparecer diante dun tribunal. Normalmente son asesinados en mazmorras secretas despois de arrincarlles algunha confesión. No cabe duda que a CIA tomou nota. Alexander Solzhenitsin non compareceu en ningún outro acto oficial, e en 1982 permitíronlle sair do País por última vez, mais acompañado de 6 “escoltas”.
1) Revista Cambio´16. 1979.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.