Por Europa Press / Redacción | Galicia | 14/03/2023 | Actualizada ás 19:27
A dúas semanas da renovación da maioría dos contratos de compra de leite en Galicia, a asociación de gandeiras e gandeiros Agromuralla sinala que o prezo do leite para todo o 2023 "non pode baixar de 60 céntimos".
Así, recomendou aos seus socios que non asinen contratos por baixo desa cifra e pediulles que "fagan uso do poder de negociación que lles ofrece a lei e unha conxuntura de mercado favorable na que segue faltando leite".
Por iso, indicou aos produtores que "non se deixen influenciar pola estratexia premeditada" que, segundo asegura, "levan a cabo as industrias para tentar revisar á baixa" os contratos que finalizan o próximo 31 de marzo.
Ante un momento no que "os custos de produción seguen á alza", o presidente de Agromuralla, José Luís Pérez Barreiro, considera que os prezos teñen que manterse nos niveis actuais para que as explotacións poidan facer fronte a estes incrementos e seguir producindo leite.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.