Tres mariñeiros saen ilesos tras afundir un barco na ría de Muros e Noia

Puideron poñerse a salvo nunha balsa.

Por Erik Dobaño | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2023 | Actualizada ás 10:21

Comparte esta noticia

Os tres tripulantes dun pesqueiro que se afundiu na mañá deste mércores na ría de Muros e Noia puideron ser rescatados sans e salvos, segundo informan os servizos de emerxencias.

En concreto, tal e como recolle o CIAE 112-Galicia, foi o Servizo de Gardacostas de Galicia o que deu a voz de alarma sobre o naufraxio pasadas as 8,00 horas deste mércores. Na súa chamada, informaba de que se mobilizou o helicóptero de rescate Pesca I.

O tres mariñeiros refuxiáronse nunha balsa ata que foron recollidos por outro pesqueiro, que os trasladou ata unha embarcación mobilizada por Salvamento Marítimo. Posteriormente, a tripulación foi levada ao peirao de Porto do Son.

No operativo participaron tamén efectivos de Garda Civil, GES de Muros, Policía Local e Voluntarios de Protección Civil.

Outro pesqueiro, o Divina do Mar, cando se accidentou en Porto do Son
Outro pesqueiro, o Divina do Mar, cando se accidentou en Porto do Son | Fonte: Gardacostas de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta