Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/03/2023 | Actualizada ás 20:41
A CIG denunciou a redución do horario da liña de atención telefónica en galego da Naturgy, servizo que presta a empresa Teleperformance. Nun comunicado, a central nacionalista asegurou que "nas próximas semanas" o único traballador que prestaba ese servizo entre as 22,00 e as 24,00 horas "sexa forzada a abandonar este horario".
A CIG lembra que a "eliminación" da franxa nocturna motivou mobilizacións que se sumaron ás realizadas desde 2012 en denuncia pola "deslocalización" do servizo de atención telefónica na compañía enerxética.
O sindicato censurou a "falta de compromiso de Naturgy coa sociedade galega" mentres exerce a "explotación" dos recursos de Galicia, o que, din, deberían ter "unha contraprestación".
"Este é un servizo básico e esencial para a cidadanía, para notificar cortes, avarías, subidas de tensión, urxencias dos corpos de seguridade por incidentes coa liña eléctrica, altas e baixas do servizo de electricidade ou reclamacións", remarcou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.