A Xunta ingresa o complemento autonómico das pensións non contributivas a 37.000 galegos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/04/2023 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

A Xunta ingresou o complemento autonómico das pensións non contributivas para os 37.000 galegos beneficiarios desta prestación. Así o confirmou a Consellería de Política Social e Xuventude, que sinalou que a través desta axuda o Goberno galego "reforza as pensións daquelas persoas maiores e enfermas con incapacidade ou con discapacidade que perciben o subsidio de garantía de ingresos mínimos".

Así mesmo, a Consellería destacou que a administración autonómica incrementou a contía desta prestación ata os 218 euros anuais e adiantou o seu pago nove meses. A Xunta destina máis de oito millóns de euros neste complemento.

O ingreso desta axuda realizarase de oficio a todos os beneficiarios que cumpran cos requisitos, sen necesidade de solicitala nin levar a cabo ningún trámite. Está dirixido a pensionistas de xubilación e invalidez nas súas modalidades non contributivas, persoas anciás e enfermas con incapacidade para o traballo beneficiarias de axudas periódicas e persoas con discapacidade que reciben o subsidio de garantía de ingresos mínimos.

Nunha nota de prensa, a Consellería de Política Social puxo en valor que Galicia "é unha das poucas comunidades que concede de mantera ininterrompida durante os últimos anos esta axuda extraordinaria que non é obrigatoria", xa que "son os propios Executivos autonómicos os que deciden mantela".

Evolución do gasto en pensións contributivas en España ata febreiro de 2020 (Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións). EPDATA
Evolución do gasto en pensións contributivas en España ata febreiro de 2020 (Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións). EPDATA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta