O socialista Iván Puentes responde ao alcalde de Pontevedra que se realizarán os proxectos que lle presentou a Costas

O concelleiro socialista Iván Puentes responde ao alcalde de Pontevedra: “se encubrir é conseguir 25 millóns para a cidade, vou encubrilo todo o que poida”

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 19/04/2023 | Actualizada ás 20:17

Comparte esta noticia

O concelleiro de Desenvolvemento Sostible de Pontevedra, Iván Puentes, respondeu á carta que o alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, enviou ao secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, protestanto ante a lentitude e a “sabotaxe” do Ministerio para a Transición Ecológica para a recuperación ambiental de áreas húmidas e ribeiras dos ríos Lérez e Verdugo.

O edil Iván Puentes
O edil Iván Puentes | Fonte: Concello de Pontevedra

Iván Puentes sinala que “os 25 millóns de euros comprometidos polo Ministerio en actuacións descritas no plan 'Pontevedra Flúe'” e que están recollidos “no referente á Preservación do Litoral e compoñentes húmidos”. Puentes engadiu que o secretario de Estado, Hugo Morán, comprometera por carta a renaturalización dos ríos “co acordo xeral de que Costas financie as obras e as execute directamente”.

Puentes tamén quixo deixar claro que os proxectos non só están en 'Pontevedra Flúe' senón que foron aprobados no pleno de Pontevedra en setembro de 2022, con votos favorables de PSOE e BNG. Todas as actuacións están incluídas dentro da Axenda Urbana de Pontevedra. “Son por tanto, proxectos do Goberno e que contan co beneplácito da Corporación Municipal”.
Por último, Iván Puentes afirmou que “se calquera concelleiro, con independencia do seu partido, consegue un investimento como este, o maior deste mandato en Pontevedra, eu aplaudireino e estou á súa disposición”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta