A Xunta defende o seu compromiso co regadío da Limia no Parlamento

"Espera que o Goberno faga o propio", di.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/06/2023 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia confirmou o seu compromiso co regadío da Limia e "espera que o Goberno central faga o propio", segundo afirmou a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento rural, Inés Santé, este venres na comisión 7ª do Parlamento de Galicia.

Santé remarcou que os traballos de modernización deste regadío teñen como fin "optimizar os recursos hídricos co fin de mellorar a produción das terras agrarias e incrementar a súa rendibilidade".

Así, destacou que o proxecto se enmarca no Plan de recuperación, transformación e resiliencia promovido polo executivo do Estado para facer fronte aos efectos da covid-19 coa axuda dos fondos europeos Next Generation.

Neste sentido, sinalou a necesidade de que o Goberno central asuma o seu compromiso ao redor deste regadío, xa que a Administración central comprometeuse a asumir o 80% do custo total (IVE incluído) do investimento necesario para afrontar o proxecto de modernización do regadío da Limia.

No que respecta á Xunta, a directora xeral sinalou que os 40 pozos para a captación de augas subterráneas xa foron entregadas ás catro comunidades de montes. Apuntou tamén que agora se está tramitando un convenio entre a Consellería de Medio Rural e a Comunidade de Regadoras Nova Limia para a instalación dos grupos de bombeo nos pozos de regadío.

O cultivo da pataca na Limia precisa de regadío
O cultivo da pataca na Limia precisa de regadío | Fonte: ourensedixital

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta