Coren estrea unha 'Food Truck' no festival O Son do Camiño

O grupo Coren pon en marcha a súa nova “food truck”, un camión de comida acondicionado como escaparate dos produtos Coren e destinado á participación en festivais e todo tipo de eventos.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 14/06/2023 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Coren únese á moda das 'food truck' e percorrerá festivais para dar a coñecer os seus produtos, en especial o seu Xamón Selecta obtido a partir de porcos alimentados con castañas. Para esta aventura contará cun camión moderno de gran formato, cunha superficie total de 50 metros cadrados e unha ampla plataforma de atención ao público. 

'Food Truck' de Coren. Foto: Frupo Coren.
'Food Truck' de Coren. Foto: Frupo Coren.

A nova food truck estréase xa esta semana coa participación no Festival “O Son do Camiño”, en Santiago de Compostela, no que está prevista a asistencia de 140.000 persoas entre o xoves 15 e o sábado 17 de xuño. O camión atoparase situado no escenario número 3 (zona de DJ’s), do que tamén é patrocinador Coren.

PERCORRENDO OS MELLORES FESTIVAIS DE GALICIA

A intención é que durante este verán acuda a outros moitos eventos, entre eles os festivais máis destacados do calendario galego, como o Resurrection Fest de Viveiro (do 28 ao 30 de xuño), o Gozo Fest de Santiago (8 de xullo), o Morriña Fest de Coruña (28 e 29 de xullo), o Marisquiño de Vigo (do 11 ao 13 de agosto), o Recorda Fest da Coruña (8-9 de setembro) ou o Caudal Fest de Lugo (15-16 de setembro).

A oferta gastronómica da food truck de Coren nestes certames estará protagonizada polo Xamón Selecta de Castañas de Coren, xamón procedente de porcos criados ao xeito tradicional en Galicia e alimentados con castañas. Para este tipo de eventos, o camión contará cunha ampla variedade de bocadillos de xamón en diversas presentacións, ademais doutros produtos da cooperativa.

A atención aos usuarios correrá a cargo de 8 persoas que, de xeito permante, ofrecerán o máximo servizo e atención aos consumidores, na liña que distingue ás tendas de Coren Grill.

APOSTA INNOVADORA

A food truck do Grupo Coren demostra o carácter innovador da cooperativa que preside Manuel Gómez-Franqueira, sempre orientada a novas liñas de negocio, en consonancia cos valores que distinguen a traxectoria de máis de 60 anos da cooperativa galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta