Por Galicia Confidencial | Vilamartín de Valdeorras | 19/06/2023 | Actualizada ás 09:00
A XXIV Feira do Viño de Valdeorras, que se celebrará na praza da Viloira do Barco os vindeiros 8 e 9 de xullo, xa conta cartel ilustrador. Un xurado conformado por diferentes profesionais e presidido pola máximo responsable do Consello Regulador, José Ramon Rodríguez, foi o encargado de elixir a proposta gañadora, da que é autor Rubén Lucas, natural de Torreagüera (Murcia).
O cartel seleccionado resalta o traballo das mulleres no sector vitivinícola, como un dos piares do eido primario. Deste xeito, na imaxe pode verse a contorna dunha muller portando unha cesta de uvas que está inserida no interior do deseño dunha botella de viño. O xurado valorou especialmente a “elegancia” e a “harmonía” da proposta e tamén a posta en valor das mulleres rurais e do seu labor.
O cartel seleccionado resalta o traballo das mulleres no sector vitivinícola, como un dos piares do eido primario
O autor da proposta gañadora, unha das 55 que participaron no concurso, recibirá un premio de 600 euros.
Xunto ao presidente do Consello Regulador, formaron parte do xurado o concelleiro de Turismo do Barco de Valdeorras, Eladio Santos; o fotógrafo do Xornal O Sil, Carlos G. Hervella; a directora do estudio de deseño “Por las ramas”, Verónica Vieira; e o técnico do C.R.D.O Valdeorras, Rodrigo Antonio Enríquez.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.