O PSOE: "A alianza de PP e VOX implica que nin Celso Emilio, nin os poemas de Rosalía, puideran existir"

Miñones augura que o debate deste luns destapará a cara "máis trampista" de Núñez Feijóo.

Por E.P. | Compostela | 10/07/2023 | Actualizada ás 14:07

Comparte esta noticia

O PSOE advertiu que a alianza entre PP e Vox é "un ataque" contra a "identidade cultural dos pobos" do Estado que, ademais, "ameaza" a "liberdade cultural" por razóns "ideolóxicas", como, din, evidencian as "cancelacións" e "vetos" a determinadas obras artísticas.

Así o denunciaron este luns en Santiago o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, o ministro de Sanidade e candidato número 1 ao Congreso pola Coruña, José Miñones, e o cabeza de lista ao Senado pola circunscrición coruñesa, Xosé Sánchez Bugallo.

Os tres representantes do Partido Socialista atenderon aos medios no centro histórico compostelán antes de participar nun encontro con representantes do sector cultural galego, aos que trasladaron a súa "preocupación" pola "amenza" que ven nunha posible chegada de Vox ao Goberno central da man do PP.

"Estamos a asistir a vetos a obras teatrais, cancelacións de mostras de expresión da cultura simplemente por veto ideolóxico, que está intrínseco nos acordos que está a chegar o PP con Vox en toda España", aseverou Formoso, que remarcou que estas alianzas "significarían que Celso Emilio Ferreiro non puidese existir, ou que non puidesen existir os poemas de Rosalía de Castro porque estarían vetados".

Así, incidiu en que "preocupa enormemente" o "ataque" á lingua galega e que, por tanto, o PSOE "non vai pasar polo aro" e vai seguir " denunciando" esta situación para lograr que a sociedade de Galicia "reaccione ante esta ameaza que está máis viva que nunca". "O 23 de xullo temos a obrigación e a responsabilidade como pobo galego de freala", apostilou.

Pola súa banda, o ministro de Sanidade, José Miñones, tamén se referiu ao careo que este luns protagonizarán o presidente do Goberno e candidato socialista, Pedro Sánchez, contra o aspirante do PP, Alberto Núñez Feijóo, ao que convidou a sumarse a participar en máis debates, especialmente o que quere organizar TVE.

Para o responsable do Goberno central, a cita deste luns servirá para "desmentir todas aquelas cousas que ao longo destas semanas, neses monólogos, estamos a ver polo candidato máis trampista que hai".

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, e o ministro de Sanidade e aspirante número 1 ao Congreso polo PSOE na Coruña, José Miñones. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, e o ministro de Sanidade e aspirante número 1 ao Congreso polo PSOE na Coruña, José Miñones. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta