Por admin | Xermade | 28/08/2023
Luís Ángel Rodríguez Patiño cura párroco de MOMÁN (Xermade) LABRADA (Guitiriz)en Lugo e de XESTOSO (Monfero) CAMBÁS (Aranga) en Coruña.
Ante a morte de 38 mulleres ( hoxe unha máis) e o acto de abuso sexual por superioridade no cargo polo presidente da federación Española de Fútbol volvo a lembrade as palabras do Papa Francisco condenando toda violación ou abuso contra a muller:
"Canta violencia hai contra as mulleres. Basta. Ferir a unha muller é ultrajar a Deus, que tomou a humanidade dunha muller", dixo Francisco na Basílica de San Pedro do Vaticano.
Ademais, enviou unha mensaxe á Igrexa católica: "A Igrexa é nai, é muller, por iso non se pode atopar un posto á muller na Igrexa sen reflectila neste corazón de nai. Este é o gran lugar da muller na Igrexa, do que derivan outros secundarios".
É por isto como sacerdote denunciou alto e claro O SILENCIO DOS BISPOS ,cando noutras cuestións saen ao momento,sen importar o dano que poidan facer á sociedade ou a persoas en particular.
O cristián en xeral e os BISPOS en particular, debe comprometerse co mundo histórico e denunciar toda clase de violación ou abuso contra a muller.
É unha esixencia fundamental da súa mesma fe. Deus "abandona" o mundo en mans dos homes, para que estes o sigan creando. Desde o punto de vista cristián, para que vaian dando forma ao Reino de Deus, cuxa culminación suporá o fin dos tempos. Por tanto, a fe ten esixencias concretas e determinadas, segundo as circunstancias sociais e humanas en que toque vivir a cada cristián. Neste sentido, a actitude dos BISPOS ha de ser necesariamente profética e revolucionaria.
A conciencia de que se traballa por unha utopía (unha escatologxa) non permite en ningunha maneira a evasión espiritualista do cristián. Tampouco o saber que traballa "a longo prazo" exímelle da necesidade dunha opción "a curto prazo". Porque este tempo de gran VIOLENCIA contra a muller e xa son 38 mulleres asasinadas , no que vai de ano, temos que tomar parte na loita pola súa erradicación. É o tempo de DENUNCIAR POR PARTE DOS BISPOS contra o ser máis querido por Xesús de Nazaret, onde se xoga a credibilidade dos que se chaman representantes de Deus O Cristián en xeral e os Bispos en particular non pode ignorar este tempo ,a SECUELA DA VIOLENCIA DE XÉNERO.
O mundo actual esixe unha revolución urxente por parte dos que se deben a proclamar o Evanxeo e a súa aplicación. A inxustiza institucionalizada, a desorde legalizada, non
admiten dúbidas nin demoras. Existen na nosa sociedade unha violencia permanente, amparada por unha lexislación que nada justifica. A revolución é, pois, unha esixencia inaprazable, e talvez a primeira cousa que esixa esta revolución sexa a toma de conciencia por parte A IGREXA XERÁRQUICA
da súa necesidade absoluta.
CAIN ONDE ESTÁ TI IRMÁN
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.