O PSOE santiagués levará unha moción ao pleno municipal para que Raxoi esixa á Xunta libros de texto gratuítos

Así o sinalou a concelleira socialista, Marta Abal, que insistiu en que o modelo socilista "é menos custoso e máis eficiente" que o imposto polo PP desde 2009.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2023 | Actualizada ás 13:38

Comparte esta noticia

O PSdeG de Santiago levará ao próximo pleno unha moción, coa que buscará o acordo da corporación, para instar á Xunta a recuperar a gratuidade dos libros de texto no ensino obrigatorio, fronte ao actual sistema de axudas parciais que "apenas cobre ao 40% das familias" que teñen que facer fronte a un desembolso que "pode alcanzar os 1.000 euros".

Así o sinalou a concelleira socialista, Marta Abal, que insistiu en que o modelo socilista "é menos custoso e máis eficiente" que o imposto polo PP desde 2009.

A continuación, lembrou que, mentres Galicia anuncia que o seu modelo custará 25,6 millóns, en Andalucía, que manteñen o modelo socialista, "con 60 millóns de euros atenden a catro veces máis alumnos de Primaria e cinco veces máis alumnos de ESO".

"Esperamos que o Partido Popular de Santiago sexa consecuente co que di o señor Feijóo en Madrid e non co que fixo Feijóo en Galicia", criticou Abal.

Así, esta medida sumarase á proposición non de lei que o grupo parlamentario presentou no Parlamento galego co mesmo obxectivo.

Pazo de Raxoi, sede do Concello de Santiago
Pazo de Raxoi, sede do Concello de Santiago

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta