Rueda sobre a "crise dos pélets": "Fronte a tanta mentira queremos facer un relato obxectivo"

Prepara un informe de oficio para remitir á Fiscalía.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/01/2024 | Actualizada ás 16:57

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia está a preparar "de oficio" un informe para remitir a Fiscalía con "toda a documentación" e os datos dos que dispón en relación á vertedura de pélets co obxectivo de trasladarlle "a pura verdade" da xestión e poder determinar "quen son os responsables".

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, confirmou na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, que en primeiro lugar remitirase a información que reclamou este mércores Fiscalía, e que fai referencia á incidencia dos pélets no Parque Natural das Dunas de Corrubedo e as Lagoas de Carregal e Vixán, por ser un espazo de especial protección e consideración ambiental".

Pero, máis aló, con anterioridade a Xunta xa traballaba nun informe "de oficio" con "toda a documentación" na súa poder para que as autoridades xudiciais teñan "todos os datos "para determinar quen son os responsables".

"Somos os primeos interesados en que se chegue ao final de todo isto", dixo Alfonso Rueda, que apostou por "facer un relato obxectivo". "Que se saiba realmente, fronte ás moitas desinformacións que houbo, fronte a informacións interesadas e non reais, fronte a mentiras directamente, é bo que se saiba: Non é a versión da Xunta, é a pura verdade de como se recibiron, ou non se recibiron máis ben, informacións e comunicacionmes desde este lado durante moitísimos días", resolveu.

Alfonso Rueda, presidente da Xunta
Alfonso Rueda, presidente da Xunta | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta