O alumnado de cuarto de Primaria e segundo de Secundaria realizará unha proba para avaliar o nivel de estudos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/01/2024 | Actualizada ás 12:55

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este venres a orde que regula o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico en Galicia que entrará en vigor en 20 días e ten como obxectivo mellorar o nivel de formación dos estudantes, precisa a Consellería de Educación no contido da mesma.

A proba realizarase en todos os centros educativos galegos que impartan ensinos correspondentes a cuarto curso de Educación primaria e/ou segundo curso de Educación Secundaria Obrigatoria e vesarán sobre as competencias específicas ás que se refire o marco teórico común de avaliación.

A súa finalidade, explica, é contribuír a determinar o nivel adquirido polo alumnado nas competencias das distintas materias de cara a promover que os centros elaboren propostas de actuación que contribúan a mellorar o nivel alcanzado polos estudantes, adopten medidas de mellora da calidade e a equidade da educación e orienten a práctica docente.

En consecuencia, concreta, terá carácter "informativo, formativo e orientador para os centros, para o profesorado, para o alumnado e as súas familias ou persoas titoras legais, e para o conxunto da comunidade educativa". Así mesmo, "carecerá de efectos académicos".

O órgano superior ou de dirección competente en materia de avaliación do sistema educativo determinará en cada curso escolar cales serán as áreas e materias obxecto de avaliación e as datas en que se realizarán as probas.

Un colexio cunha clase de primaria onde os estudantes están facendo os deberes cunha tablet
Un colexio cunha clase de primaria onde os estudantes están facendo os deberes cunha tablet | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta