Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/03/2024 | Actualizada ás 19:38
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, mantiveron un encontro durante o que ambos analizaron o proxecto de ampliación e mellora da estrada provincial DP-8202 en Cacheiras, entre os puntos quilométricos 3+500 e 4+240, que prevén formalizar o seu contrato de adxudicación o mes que vén.
Tal e como detallou a institución provincial nunha nota de prensa, a construción dunha variante entre os puntos quilométricos vai evitar o paso da maior parte do tráfico polo núcleo da Igrexa, unha zona onde a vía actual é estreita e perigosa, e "mellorar significativamente a seguridade viaria nunha zona na que era moi necesario".
A ampliación e mellora da DP-8202 conta cun importe de licitación de 561.215,62 euros e un prazo de execución de oito meses. As obras consistirán na creación dunha nova plataforma para a variante, do punto quilométrico 3+50 ao 4+040, e na mellora da actual onde o trazado coincide co actual. Alcanzarase un ancho de 9 metros, dos que 7 destinaranse á calzada e os outros dous a beirarrúas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.