Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/06/2024 | Actualizada ás 18:24
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, enxalzou a importancia do distintivo Artesanía Alimentaria, que suma 103 empresas adheridas e 116 produtores. Así o fixo este sábado na entrega da Carta Artesá á empresa Lenatt Food, que a partir de agora podrña comercializar os seus produtos co distintivo de Artesanía Alimentaria.
A conselleira explicou que este recoñecemento "protexe a calidade alimentaria", coa que buscan promover e velar polas producións e elaboracións que definenen a cultura galega agroalimentaria. Neste sentido, afirmou que a calidade alimentaria "é unha das prioridades" do goberno autonómico nesta nova lexislatura e mostra diso, continuou, son as 38 experiencias de calidade impulsadas pola Xunta. Ademais, lembrou que a Lei da calidade alimentaria contempla a creación de dous órganos, como son o Consello Alimentario de Galicia e o Consello Galego dá Artesanía Alimentaria.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.