Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/06/2024 | Actualizada ás 19:44
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas da Xunta, Pablo Fernández Vila, lembrou que a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que anula o permiso autonómico á única mina de coltán de Europa por riscos ambientais non é firme e pódese recorrer: "Preocúpannos as 120 familias afectadas".
Así o sinalou no marco da Comisión 6ª de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo do Parlamento de Galicia tras ser preguntado pola deputada socialista Patricia Igrexas sobre a situación na que se atopa a explotación mineira da Penouta, situada en Viana do Bolo, despois de que o Alto Tribunal galego considerase insuficiente o estudo de afectación ambiental.
Respecto diso, Fernández Vila defendeu o valor da extracción mineira para a economía de Galicia, ao ser un sector "esencial". Tamén destacou a súa importancia para convatir a despoboboación rural galego. A pesar disto, dixo que "non pode ser custe o que custe", polo que engadiu que a tramitación das minas debe ser "garantista" e, neste aspecto, a Xunta "non cede nin un pouco".
Por iso, mostrou a súa "sorpresa" ante a resolución do TSXG e, aínda que a "respecta", chamou a atención sobre certos aspectos, lembrando que non é firme e que se pode recorrer. Así, dixo que a mina conta con Declaración de Impacto Ambiental favorable e que o fallo xudicial toma por bos argumentos da demandante "baseados en fotografías" e non en informes periciais.
Neste sentido, referiuse a as fotografías de gretas nas vivendas, das que, segundo dixo, non constan informes periciais na sentenza que certifiquen que foron producidas polas explosións na mina. Tamén dixo que a contaminación nas augas próximas estaba anos antes de que comezase esta extracción. Pablo Fernández mostrou a súa preocupación polos preto de 80 empregos directos e 40 indirectos da mina e subliñou a necesidade dos minerais que alí se extraen.
Pola súa banda, Patricia Iglesias pediu á Xunta que faga "un pouco de autocrítica" e lamentou que o Executivo autonómico concedese unha declaración de impacto ambiental favorable á mina a pesar das advertencias que xa constaban previamente.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.