Executado "o 100%" dos 211 millóns transferidos á Xunta da campaña da PAC

O Consello deste luns autorizou a renovación do convenio co Ministerio de Defensa para reforzar o dispositivo de vixilancia e disuasión da actividade incendiaria nos montes galegos.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 01/07/2024 | Actualizada ás 19:06

Comparte esta noticia

A Xunta executou "o 100%" dos 211 millóns transferidos desde as institucións europeas para o período da Política Agraria Común, que alcanzou a 24.100 solicitantes. Así o destacou o presidente galego, Alfonso Rueda, na súa comparecencia aos medios posterior á reunión semanal do seu goberno, celebrada este luns. Rueda estivo acompañado pola conselleira do Medio Rural, María José Gómez, que informou sobre o abono das axudas da PAC vinculadas a compromisos ambientais e de sustentabilidade.

Como explicou a responsable de Medio Rural, estas subvencións alcanzaron a case 6.000 explotacións para levar a cabo acciones en materia de "xestión de pastos, economía ou cultivos sustentables". En total, este apartado da PAC repartiu 25 millóns en Galicia, cinco máis que na campaña anterior, para financiar estas accións e outras vinculadas a compromisos ecolóxicos na agricultura, a viticultura, a gandaría ou a apicultura. Así, a Xunta reclamou a "redución" da "burocracia" para facilitar o acceso a unhas subvencións que "son de vital importancia para Galicia".

CAMPAÑA DE INCENDIOS

Tamén na área de Medio Rural, o Consello deste luns autorizou a renovación do convenio co Ministerio de Defensa para reforzar o dispositivo de vixilancia e disuasión da actividade incendiaria nos montes galegos para este verán. Ao longo da campaña estival, 30 patrullas terrestres do Exército español despregaranse polo territorio da comunidade dentro da denominada operación Sentinela galego. En total, o orzamento para esta iniciativa de colaboración entre administracións que se asina cada ano ao comezo do verán ascende a 470.000 euros.

Agricultores traballando no campo
Agricultores traballando no campo | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta