Temas: BNG ELECCIóNS 20D

O BNG di que os resultados do 20D servirán para asentar un proxecto nacionalista en Galicia

“Non estamos derrotad@s, e tal e como fixemos en moitas ocasións ao longo da nosa historia, comprometémonos a dar o mellor de nós para nos erguer e poñernos en pé, como sempre fixemos”, apunta a Executiva nacionalista nun documento remitido a súa militancia no que recoñece que os resultados son “negativos”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/12/2015 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

O BNG foi o principal prexudicado dos comicios do 20D. A formación nacionalista, impulsora da plataforma Nós-Candidatura Galega, non conseguiu representación. Baixou máis de sete puntos con respecto aos comicios de 2011 e deixou polo camiño 114.000 votos, ao pasar de 184.000 a pouco máis de 70.000, e dous escanos.

Candidatos de Nós aplauden durante a valoración dos resultados do 20D
Candidatos de Nós aplauden durante a valoración dos resultados do 20D

Nun comunicado interno aos militantes remitido pola Executiva nacionalista, e ao que tivo acceso GC,  o BNG  recoñece que os resultados obtidos por Nós son “son obxectivamente negativos, sen paliativos” e é “unha mala noticia para Galiza e para os galegos”. Con todo, insiste en que “ servirán para asentar un proxecto nacionalista na Galiza con disposición para seguir traballando polo futuro da nación galega”.

Sen embargo, destaca que eses votos serviron para algo. “Queremos pór en valos os votos obtidos por Nós-Candidatura Galega. Non son votos perdidos, pois contribuíron tamén á perda de apoio social e electoral do Partido Popular, o que nos congratula”, indica a misiva na que se dá a entender que o BNG mantén o seu rumbo e o seu proxecto soberanista de cara ás autonómicas.  “Este é un revés, un contratempo electoral, mais non invalida en absoluto un proxecto político nacionalista para Galiza”, indica.

Non estamos derrotad@s, e tal e como fixemos en moitas ocasións ao longo da nosa historia, comprometémonos a dar o mellor de nós para nos erguer e poñernos en pé, como sempre fixemos. Non son apenas unhas siglas ou, neste caso, a marca dunha coalición o que está en xogo: é o futuro do noso pobo, e a el nos debemos. Estamos curtidas e curtidos diante da adversidades, e seguimos a acreditar na necesidade dunha alternativa nacionalista para Galiza”, recolle a misva.

E, tal e como avanzou o cabeza de lista pola Coruña, Carlos Callón, na noite electoral, o BNG responsabiliza da baixada de votos desta formación ao escaso tempo que tiveron para artellar unha candidatura electoral e tamén a unha “campaña televisiva” centrada en catro forzas. 

Executiva do BNG
Executiva do BNG | Fonte: bng-galiza.org

Dispuxemos tan só de 40 días para popularizar unha nova marca electoral, Nós-Candidatura Galega, sen ningún tipo de apoio, só a través dos nosos propios recursos, que son limitados”, sinala o documento. E engade. “Non fomos quen de contrarrestar unha intensa campaña televisiva, que centrou as expectativas electorais en tan só catro actores (nunca mellor dito) a nivel estatal”.

Finalmente, o BNG destaca a “campaña distinta, imaxinativa, fresca e alternativa, chea de creatividade e cun enorme esforzo colectivo, de base” realizada por Nós. “Mais non puidemos con toda a maquinaria sistémica dun deseño destinado a preservar o modelo de Estado”, engade. Por iso, agradece a toda a súa militancia o “enorme esforzo realizado” nestes días de campaña.

Este é o documento:

Nunha primeira valoración de urxencia, á espera da avaliación do Consello Nacional, a Executiva Nacional do BNG acordou dirixirse a toda a militancia do BNG co fin de lle transmitir as seguintes consideracións políticas, após a análise do resultado de Nós-Candidatura Galega nas eleccións xerais:

1. Temos que comezar por recoñecer que os resultados electorais obtidos por Nós-Candidatura Galega son obxectivamente negativos, sen paliativos. Negativos xa non só para a nosa coalición, mais tamén para un país como o noso, Galiza, que precisa de expresións políticas propias, nacionalistas, non dependentes directa ou indirectamente de ningunha outra forza política ou estratexia allea á nosa nación.

Esta é unha mala noticia para Galiza e o pobo galego, nun momento transcendental para o noso país tendo en conta o contexto estatal. Que non exista unha voz nacionalista galega, sen ningún tipo de dependencia no ámbito estatal, restará mecanismos de autodefensa, e impedirá o protagonismo da nosa nación, de Galiza, nun contexto tan importante como o actual.

2. Temos que dicir que fixemos todo o posíbel, todo o que estaba nas nosas mans. Construímos unha nova candidatura en tempo récord. Mais dispuxemos tan só de 40 días para popularizar unha nova marca electoral, Nós-Candidatura Galega, sen ningún tipo de apoio, só a través dos nosos propios recursos, que son limitados.

3. Non fomos quen de contrarrestar unha intensa campaña televisiva, que centrou as expectativas electorais en tan só catro actores (nunca mellor dito) a nivel estatal, que se presentaban como únicas opcións reais de voto. Nese contexto, a defensa dunha representación propia, galega e nacionalista, revelouse como un obstáculo infranqueábel. É este un fenómeno estrapolábel tamén a Catalunya e Euskal Herria, con diferente intensidade, mais cunha baixa notábel na representación das forzas nacionalistas neses dous países, mesmo contando esas sociedades cun maior arraigo social da súa respectiva conciencia nacional. Como conclusión, resulta evidente a estratexia conducente a reducir á mínima expresión os conflitos nacionais existentes no Estado español, de máxima intensidade (Catalunya) ou con risco potencial (Euskal Herria e Galiza).

4. Queremos transmitir, con todo, que malia aos resultados negativos, seguimos a manter confianza no noso pobo. Non estamos derrotad@s, e tal e como fixemos en moitas ocasións ao longo da nosa historia, comprometémonos a dar o mellor de nós para nos erguer e poñernos en pé, como sempre fixemos. Non son apenas unhas siglas ou, neste caso, a marca dunha coalición o que está en xogo: é o futuro do noso pobo, e a el nos debemos. Estamos curtidas e curtidos diante da adversidades, e seguimos a acreditar na necesidade dunha alternativa nacionalista para Galiza. Este é un revés, un contratempo electoral, mais non invalida en absoluto un proxecto político nacionalista para Galiza.

5. Fixemos unha campaña distinta, imaxinativa, fresca e alternativa, chea de creatividade e cun enorme esforzo colectivo, de base. Mais non puidemos con toda a maquinaria sistémica dun deseño destinado a preservar o modelo de Estado. Con todo, non temos palabras para agradecer e recoñecer o imenso traballo desenvolvido por militantes e non militantes. O seu compromiso abnegado, a súa coraxe para enfrontar o difícil contexto no que nos tocou realizar esta campaña son para Nós o mellor valor.

6. En apenas unhas semanas fomos quen de articular unha coalición en chave de país, ampla e plural, de forzas políticas e persoas sen filiación política. Foi Nós-Candidatura Galega. Á marxe dos resultados, cremos que iso era o que había que facer, e fixémolo. Sentímonos orgullosos do traballo realizado, do traballo en común. Somos organizacións diferentes, mais todas e todos nós, leais á Galiza. O traballo da unidade por Galiza foi unha experiencia de suma, que deberá ter proxección de futuro.

7. Foron moitas as persoas que nestas semanas recuperaron a ilusión, o orgullo e a vontade de daren o mellor de si en favor dunha nación libre e soberana. A nosa voz foi tamén a dos sectores populares máis vivos do noso país, cos que seguiremos a compartir loita na rúa polos seus dereitos día a día.

7. Finalmente, queremos pór en valos os votos obtidos por Nós-Candidatura Galega. Non son votos perdidos, pois contribuíron tamén á perda de apoio social e electoral do Partido Popular, o que nos congratula. Agradecemos profundamente e enorgullécenos o apoio de milleiros de votantes a Nós-Candidatura Galega, así como dos colectivos sociais e sectores populares agredidos que confiaron en Nós, e que servirán para asentar un proxecto nacionalista na Galiza con disposición para seguir traballando polo futuro da nación galega.

Saúdos patrióticos.

Bieito Lobeira

Secretario de Organización

Temas: BNG ELECCIóNS 20D
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 36 comentarios

12 brinco

No meu concello case todos os votos do alcalde do bng nas municip ais foron para en marea, non e normal que a xente conflua e a direccion do bng non, toca ir pra casa, queremos galegAs, queremos rosalias

11 Chachopeñaloza

A upg e a esencia de caliza; non toda a upg un 20%; non menos, Paco, bautista e os seus elexidos. Non menos, so paco e a esencia e mentres non decida o contrario ou queira morrer. Iso si, hai que relanzar o nacionalismo ainda que sexa cun so galego. xa paco nomeara galegos, si quere.

10 Chupa Chupa lambetadas Anxo

Así se fala. Agora pechar os ollos e botarse contra o lume. O que non se chamusque non é nacionalista galego. A culpa está SEMPRE fóra, Nós nunca erramos. Vence es o meu títere favorito, estamos moi ben (a)sentados.

9 Chachopeñaloza

A UPG e a esencia de Galiza. Non toda a UPG, un 20%; non menos Paco, Bautista e OS seis elexidos; non, menos Paco somentes e a esencia namentres decida o contrario. Pero si, hai que relanzar o nacionalismo ainda que so cun gallego, mentores el decida seguir sendoo ou morrer, visto claro si quiere.

8 nostrus

Malas noticias para Galicia no, malas noticias para la sinrazon, para la obcecacion, para la intolerancia, para las manias persecutorias identitarias. Lástima que Ciudadanos no haya tenido mejor resultado para afianzarnos en el bilingüismo y la libertad lingüistica y disfrutar de la galleguidad sin tener que renunciar a nada ni odiar a nadie.

1 Apocalipsis Bilingüe

Criticas as manías persecutorias identitarias e apoias a Ciudadanos? Que fumas neno?

2 nostrus

Que saibas que non fumo, pero que saibas tamen que Cidadans non ten manias de ningun tipo porque a identidade conformase coa realidade e coa suma das vontades de todos os cidadans, totalmente oposto a identidade de diseño que pretende o nacionalismo que só se convirte nunha gran mentira.

3 Mamandurrias_españolentas

Ninguén odia, só vos. O inimigo non era, nin será, nin pode ser o BNG que sempre foi máis democrático e millor xestor que o resto dos partidos en Galiza. Son os feitos o inimigo que tedes. Estades abducidos, aparvados, desgaleguizados: ¿Cáles son os proxectos de Ciudadanos para o seitor leiteiro galego? ¿Qué pensades facer co naval galego? ¿Cómo ides corrixir as baixas pensións dos galegos respeito ó resto de España? Eu podo seguir nomeando casos nos que necesitamos un plan claro, non as parvadas de Ciudadanos e xogo de tronos, pero o normal ven sendo que non saibades ler e sigades coa teima do inimigo nacionalista. ¿Votaron moitos polos teus? Moi ben, agora a ver de qué servides, a ver que facedes aparte de chillar un pouco para a prensa. Ó millor os vosos son os votos inúteis e non os do resto.

4 fartodelespañol

nostrus que bien vives de tu mujer porque siempre estas en el ordenador que eres un muerto de ham bre español que se caso con una bu rra gallega y vives de ella no