Reunión crucial sobre o canon de Sogama aprazada para a próxima semana

A conselleira Ángeles Vázquez asegura que a Xunta está comprometida a apoiar aos concellos na xestión dos novos tributos.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 20/09/2024 | Actualizada ás 12:47

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, confirmou que foi aprazada para a próxima semana a reunión prevista este venres entre a Xunta, a Fegamp e Sogama para abordar o incremento do canon cara 2025 e as posibles bonificacións ao mesmo. Será, finalmente, o vindeiro venres.

En declaracións aos medios en Lugo, a conselleira asegurou que "o máximo empeño" do Goberno galego é "estar á beira dos concellos para que as súas arcas non sufran este despropósito", do que culpou directamente ao Goberno de Pedro Sánchez pola aplicación de novos tributos.

"O que si queremos deixar claro é que isto non é unha transposición de ningunha directiva europea, Europa o que nos pide é que cumpramos e neste momento os concellos galegos teñen que seguir facendo moito esforzo", explicou a conselleira, lembrando que deberían estar "no 50% de reciclaxe, e isto non está a ser así".

En consecuencia, Ángeles Vázquez apuntou que é necesario "traballar da man" a través do incremento da reciclaxe, que é o modo "de que os concellos aforren moito diñeiro" e que isto "repercuta na cidadanía".

Entre as esixencias de Europa, a conselleira lembrou que a implantación do quinto colector, de material orgánico, debería de ser "unha realidade desde o 1 de xaneiro de 2024". "E, bo, imos lentos, vaise facendo pero aínda non se está cubrindo todo o territorio", admitiu Ángeles Vázquez.

A maiores, sinalou que a lei "obriga a que o día 1 de xaneiro de 2025, os concellos implanten tamén outros dous colectores, un para separación de aceites e outro para o téxtil". "Estamos a traballar para facilitarllo", apostilou.

Materiais para reciclado en Sogama
Materiais para reciclado en Sogama | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta