A Xunta establecerá unha duración indefinida do réxime de vivendas protexidas como pedían BNG e PSdeG

Por E.P. | VIGO | 18/10/2024 | Actualizada ás 18:16

Comparte esta noticia

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, avanzou que a Xunta establecerá unha duración indefinida do réxime de vivendas protexidas, como solicitaron tanto nacionalistas como socialistas.

En concreto, Martínez Allegue explicou este venres que o Goberno galego modificará o artigo 60 da Lei Galega de Vivenda, relativo á duración do réxime de protección das vivendas protexidas. Así, establecerase unha duración indefinida e permanente do réxime de vivendas protexidas de promoción pública e das protexidas de protección autonómica construídas en chan desenvolvido por promotor público. Na actualidade, a protección duraba 50 anos para o primeiro dos casos e 30 no segundo.

Precisamente nos últimos días o BNG e o PSdeG presentaron senllas baterías de medidas para aumentar o parque público de vivenda en Galicia, entre as que ambos coincidían en reclamar á Xunta que garantise que a vivenda pública non se poida pasar ao mercado privado. Ademais desta madida, Allegue adiantou este venres en Vigo as liñas xerais dos orzamentos do seu departamento para 2025, cunha partida "marca" que aumentará un 8%, ata case 514 millóns de euros.

Martínez Allegue este venres en Vigo.. XUNTA
Martínez Allegue este venres en Vigo.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta