En Marea aposta por Sánchez para presidir o Goberno español

Di que os seis deputados galegos están dispostos a "tenderlle a man" ao PSOE se respecta a plurinacionalidade do Estado, a "redistribución da riqueza" e a "igualdade".

Por Galicia Confidencial | Madrid | 20/01/2016 | Actualizada ás 22:37

Comparte esta noticia

En Marea xa anunciou as súas preferencias de cara a configuración dun novo goberno. Fíxoo a súa portavoz, Alexandra Fernández, diante de Felipe VI na recepción oficial que tivo con el no Palacio da Zarzuela, e na que tamén lle explicou as formulacións políticas da súa formación, que inclúen a apertura dun debate sobre o cambio do modelo de Estado.

O rei Felipe VI recibe a portavoz de En Marea, Alexandra Fernández / A.D./lainformacion.com
O rei Felipe VI recibe a portavoz de En Marea, Alexandra Fernández / A.D./lainformacion.com

Fernández destacou que está disposta a apoiar un Goberno alternativo ao de Mariano Rajoy, encabezado por Pedro Sánchez, tendo en conta do "cambio" político demandado pola cidadanía nas últimas eleccións xerais.

Segundo explicou en rolda de prensa no Congreso, o seis deputados da súa formación están dispostos a "tender a man" ao PSOE para que goberne porque as "bases" deste partido, dixo, cren na "redistribución da riqueza" e a "igualdade" e están a reclamarlle "un proxecto de esquerdas".

Alexandra Fernández dixo, ademais, que a súa candidatura cre que as eleccións puxeron de relevo a existencia dunha "realidade plurinacional" en España que só se poderá comprender con máis e mellor democracia". Por iso, tamén deixou claro que, dadas as conviccións republicanas, nacionalistas e de esquerdas da súa formación avogou por emprender un "proceso constituínte" para buscar "outro" modelo de Estado, cun "exercicio real da soberanía popular" e mediante a "remodelación das institucións".

A deputada galega dixo que a conversa co monarca español foi "moi cordial" e "moi respectuoso" e "neutral" para evitar interferir no debate político. Tamén destacou que don Felipe foi "moi receptivo" á hora de escoitar as súas formulacións, e recoñeceu en particular o feito de que o xefe do Estado recibise a En Marea, mentres no Congreso esta formación non conseguiu a súa pretensión de organizarse con grupo parlamentario propio.

O rei Felipe VI conversa coa portavoz de En Marea, Alexandra Fernández / A.D./lainformacion.com
O rei Felipe VI conversa coa portavoz de En Marea, Alexandra Fernández / A.D./lainformacion.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

6 Santiso

Estou canso de polémicas con este asunto en todos os medios galeguistas. Sempre falan os mesmos e dín as mesmas cousas. Uns din que si non queren grupo parlamentar propia é traizoar ós que os votaron. Outros que é unha estratexia para lhe dar contiunuidade ó proxecto en marcha. Outros que si é que a quen votou a xente maioritariemente foi a PODEMOS. E así sucesivamente. Todos atopan unha excusa ou "mega-estratexia" para dicer o que xa pensaban de antemán. Así que podedes ir ó Orinoco a mexar (uns e outros). Todos sabedes que traizoaron ó electorado nacionalista. Quero dicer o de verdade pero xa moito antes do 20D. Outra é que tivesen parte de razón. Pero non. Ou e que és da UPG ou simpatizas ou que é unha "mega-ultra estratexia" para que ande o movemento. Así que ide a mexar ó Orinoco.

5 Pepópterus Funk

Todos están nerviosos porque o que pode ocurrir é que todos e todas as e os chonis se enfaden por non querelos nas mareas e decidan xuntarse para derrapar todos xuntos e así tratar de acadar o goberno da Unta. Despois dunha gran derrapada final e unha xuntanza amorosa no polígono industrial apresentaríanse as eleccións como Drifting National Party/Partido Nacional da Derrapaxe porque eles defenden o bilingüismo. Galego para andar polo mundo e Inglés para coñecementos de inxeñería automobilística. Eu desde logo apuntaríame a este gran partido que non traizoa os galegos de boa fe que votaron mareas porque os outros eran moi malos por pactar cos piores. Agora resulta que eles tamén van pactar cos piores. Viva a GRAN DERRAPADA FINAL¡¡¡¡

4 sesese

Van dar o seu apoio a "casata"? . Cantas milongas nos contaron . E as que faltan

3 Ana

Que si Venezuela, Iran,etc. Teño a impresion de que o rexime esta moi nervioso ante o auxe de Podemos e o cada vez mais dificil goberno de "gran coalicion". En calquer caso Venezuela é un pais tan democratico coma España. En Venezuela mesmo se elixe democraticamente o Xefe de estado e ten bastante mais soberania que un pais endeudado que forma parte do euro, da OTAN... Por certo, ¿alguen votou en referendum a ultima reforma da Constitucion española?.

2 Ana

Buscade en youtube o video co titulo seguinte: ""Nos van a dar pero bien": comentarios de los presentadores ante la "exclusiva" sobre Podemos."