Soben case un 17% as demanadas por despedimentos en 2023

Os concursos de persoas sen actividade empresarial presentados nos órganos xudiciais de Galicia aumentan un 38 % no terceiro trimestre.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 09/12/2024 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

Soben as demandas por despedimento.  No terceiro trimestre de 2024, rexistráronse nos xulgados do Social 1.498 demandas por despedimento, cifra que mostra un aumento do 16,7 % respecto ás presentadas o ano anterior. O número de demandas por reclamacións de cantidade interpostas nos xulgados do Social, 1.972, foi un 1,4 % inferior ao rexistrado no mesmo período de 2023.

Delegados da CIG concéntranse coincidindo co xuízo por despedimento de tres traballadores do Banco Santander e delegados deste sindicato. CIG
Delegados da CIG concéntranse coincidindo co xuízo por despedimento de tres traballadores do Banco Santander e delegados deste sindicato. CIG

 

Respecto aos expedientes do artigo 169 TRLC, relativo á modificación substancial das condicións de traballo de carácter colectivo (ERE), entre xullo e setembro de 2024 presentáronse 6, fronte aos 9 das mesmas datas de 2023.

 

Son datos dun estudo do TSXG que  mostra un incremento dos procedementos monitorios presentados entre xullo e setembro de 2024 nos xulgados de Primeira Instancia e Instrución. En Galicia interpuxéronse 13.047, fronte aos 10.835 do ano anterior, o que supuxo un aumento interanual do 20,4 %. Este tipo de procedemento serve para reclamar débedas diñeirarias líquidas, determinadas, vencidas e esixibles, e inclúen as cantidades debidas en concepto de gastos comúns de comunidades de propietarios de inmobles urbanos.

 

CONCURSOS

 

Por outra banda, os concursos presentados nos xulgados do Mercantil de Galicia mantiveron no terceiro trimestre do ano a súa tendencia á alza. En concreto, interpuxéronse 495, fronte aos 379 do mesmo período de 2023, un 30,6 % máis. En Galicia presentáronse 18,3 por cada 100.000 habitantes, por baixo da media estatal, que se situou en 26. O número total de concursos ingresados no Estado foi de 12.675, un 35,9 % máis.

 

En Galicia, os concursos de persoas naturais sen actividade empresarial aumentaron un 38,3 %, pois se presentaron 412 e, entre xullo e setembro de 2023, 298, mentres que os de persoas xurídicas -empresas- incrementaron un 1,5 %, pois sumaron 67; e, os de persoas naturais empresarias, 16, un 6,7 % máis.

 

Os 448 concursos declarados nos Xulgados do Mercantil de Galicia no terceiro trimestre de 2024 supuxeron un incremento do 77,1 % respecto ao mesmo período do ano anterior. No mesmo trimestre chegaron á fase de convenio un total de dous concursos, un 75 % menos que entre xullo e setembro de 2023, mentres que iniciaron a fase de liquidación 57, é dicir, un 10,9 % menos.

Os concursos presentados nos xulgados do Mercantil de Galicia mantiveron no terceiro trimestre do ano a súa tendencia á alza. En concreto, interpuxéronse 495, fronte aos 379 do mesmo período de 2023, un 30,6 % máis. En Galicia presentáronse 18,3 por cada 100.000 habitantes, por baixo da media estatal, que se situou en 26. O número total de concursos ingresados no Estado foi de 12.675, un 35,9 % máis.

Na comunidade, os concursos de persoas naturais sen actividade empresarial aumentaron un 38,3 %, pois se presentaron 412 e, entre xullo e setembro de 2023, 298, mentres que os de persoas xurídicas -empresas- incrementaron un 1,5 %, pois sumaron 67; e, os de persoas naturais empresarias, 16, un 6,7 % máis.

Os 448 concursos declarados nos Xulgados do Mercantil de Galicia no terceiro trimestre de 2024 supuxeron un incremento do 77,1 % respecto ao mesmo período do ano anterior. No mesmo trimestre chegaron á fase de convenio un total de dous concursos, un 75 % menos que entre xullo e setembro de 2023, mentres que iniciaron a fase de liquidación 57, é dicir, un 10,9 % menos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta