O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid apoia a denominación 'ría do Eo' para o estuario que separa Asturias e Galicia

Ratifica así a oficialidade compartida dos topónimos 'ría do Eo' e 'ría de Ribadeo'.

Por Europa Press / Redacción | OVIEDO | 30/12/2024 | Actualizada ás 17:59

Comparte esta noticia

O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid volveu a ratificar a oficialidade compartida dos topónimos 'ría do Eo' e 'ría de Ribadeo', co mesmo nivel de validez e de uso, para referirse ao estuario que separa Asturias e Galicia. Segundo informou o Principado en nota de prensa, o fallo "reforza" a postura defendida pola Consellería de Cultura, Política Llingüística e Deporte que, "con argumentos históricos e culturais", avoga pola convivencia das dúas denominacións.

A xustiza desestimou un recurso contencioso-administrativo en contra das resolucións do Instituto Xeográfico Nacional (IGN) que avalan a convivencia en igualdade de condicións dos dous nomes para a ría. Desta forma, volve confirmar a legalidade destas resolucións. O recurso desestimado polo máximo órgano xudicial da Comunidade de Madrid fora interposto pola Xunta de Galicia.

Ría do Eo
Ría do Eo | Fonte: GOBERNO DO PRINCIPADO - Arquivo

Este proceso xudicial únese aos iniciados polo Concello de Ribadeo e a Deputación Provincial de Lugo no mesmo sentido e que foron tamén desestimados ata o momento. Aínda cabe a interposición dun recurso de casación. Para o Principado, "esta última sentenza reforza os argumentos históricos, culturais e administrativos que sostivo o Goberno de Asturias, os cales demostran o uso tradicional e arraigado do topónimo 'ría do Eo'".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta