O 'Peto dos Desexos' de Allariz reparte 1000 euros para compras no comercio local

As compras superiores a 30 € no Nadal daban dereito a participar no sorteo de vales de compra, concretamente 2 por valor de 250 € e 5 por valor de 100 €. O sorteo fíxose o pasado 8 de xaneiro.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 14/01/2025 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O Concello de Allariz realizou o pasado 8 de xaneiro ás 11:00 h o sorteo dos premios da campaña O Peto dos Desexos 2024/2025, unha iniciativa para dinamizar o comercio local que vén realizándose nos últimos anos cunha ampla participación.

Sorteo do 'Peto dos desexos' 2024
Sorteo do 'Peto dos desexos' 2024 | Fonte: 25. Foto: Concello de Allariz.

A Concellería de Promoción Económica foi a encargada de repartir os 2 vales de 250€ cada un e outros 5 de 100€ entre os/as clientes/as do comercio e hostalería de Allariz que xuntaron os comprobantes das súas compras de Nadal. As condicións para participar eran facer unha compra mínima de 30€ (podíase xuntar varios comprobantes) e que esa compra se realizara entre o 5 de decembro de 2024 e o 6 de xaneiro de 2025.

Os premiados e premiadas poden consultarse na páxina web do concello.

Tamén se extraeron 7 papeletas de reservas por se algún dos premiados ou premiadas non cumpriran as condicións do sorteo.

As persoas gañadoras disporán de todo o mes de xaneiro para gozar dos seus premios no comercio local.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta