Pontón ofrécelle un pacto a Beiras se racha con Podemos

Cualifica de “mala noticia” as baixas de Antelo e Aymerich, pero destaca que hai “outras persoas” que xa decidiron incorporarse no BNG porque é unha formación “vigorosa”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/05/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O BNG está disposto a pactar con Anova, pero con esixencias. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, dixo que se esta formación “e Beiras rompen con Podemos, mañá mesmo temos unha candidatura de unidade nacionalista".

Ana Pontón
Ana Pontón | Fonte: MGS Twitter

"A unidade do nacionalismo é importante para o futuro de Galicia", dixo ao considerar un "erro estratéxico" que organizacións dese ámbito “se dilúan en forzas de ámbito estatal”. Nunha entrevista na Radio Galega, Pontón lamentou que a ausencia da súa formación no Congreso relegou a Galicia no debate aberto no ámbito estatal .  Así, lembrou que "Galicia non pintou nada e os grandes temas non formaron parte das súas prioridades".

Neste sentido, lembrou que o Bloque xa advertira de que En Marea non podería constituír grupo propio na Cámara. "Desde logo, creo que os que fracasaron nas negociacións non deberían volver presentarse ás eleccións, que debería haber por tanto unha renovación importante nese ámbito", dixo.

Por outra banda, e sobre as recentes baixas de cargos nacionalistas, como as de Manuel Antelo ou Carlos Aymerich, dixo que eran unha “mala noticia, algo que me entristece”. “En todo caso, o BNG sigue sendo o mesmo de antes", indicou.

"Houbo algunhas persoas que decidiron deixar a súa militancia pero tamén hai persoas que deciden incorporarse. O BNG é unha organización sólida, con milleiros de militantes, con centos de concelleiros no noso país, cunha traxectoria e unha realidade vigorosa en Galicia e hai moitas persoas que neste momento entenden que o que hai que fortalecer é o BNG e o nacionalismo", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

5 Leirachá

Encántame a primeira foto que ilustra esta noticia. Non falo da segunda, na que a política profesional mitinea e detrás vese a Bieito Lobeira e Da Silva, colocados profesionais da Unidade Pola Graxa (en diante UPG). Na primeira aparece unha burra moi activa, sen percatarse de que o roteiro é circular (se cadra sábeo, pero disimula para encher a barriga co que lle oferece o amo). Todo unha alegoría do BNG de hoxe, comandado pola UPG. E non, non sexan mal pensados, que a min Beiras e as Mareas tampouco me convencen, polo menos até que o partido instrumental sexa un feito e os galegos contemos con grupo propio e non subordinados aos da complutense. E deixade que a besta interesada xire a roda...

1 caxigo

Alguén dos que criticades ferozmente á UPG pódeme dar as razóns, que eu na miña ignorancia aínda non as entendo...

2 Podador de caxigos

A graxa, o untamento, a política como profesión, o aparato dos escolhidos, os asesores e mantidos, os cheques e regalos... Igual no Partido Podre ou nos falsarios socialistas e comunistas espanhóis que na UPG. Valo pilhando?

4 galeg@

"O BNG está errado" "Anova tam só busca postinhos" "As mareas nom pintam nada"... O bom destas exclamaçons é que de mudarmos às protagonistas do enunciado, seguem a ser certas. As galegas nom pintamos nada, maioritariamente estamos erradas e apoiamos organiçazons que apenas buscam postinhos.

1 Ana

Certo. Só nos queren como aplaudidores, e niso son iguais BNG, IU, ANOVA, Mareas ou Podemos (posta en escena renovada para que todo siga igual). Mais os comentários, ademais de aplaudidores, poden ser obra de enredantes (animadores da rede) e de mantidos agradecidos (que hai no Bloque da UPG, na IU do PCE, e nas Mareas entregadas a Podemos).

3 Milio de Cereixido

Eu, de ser Ana Pontona no Pais das Marabillas da UPG, pedirialle un espazo na lista do PsoE con garantias para seguir chuchando como deputada vitalicia. Esta profesional da politica precisa viver do conto e alimentar aos colegas amamantados. Mais..., recapacita Ana: os perdedores non esixen, piden ou suplican, e no Bloque escollestes o suicidio a cambio de mantenta para gloria do PsoE. Logo vaille chorar a Caballero, fala coa sua recadeira Carmela Silva, para algo sostedes a impresentable.

1 xose lois

Pode rogar diante de Leiceaga, que ocupou altos postos no BNG para acabar de cabeza dos sociosnaslistas. Tanta fixacion co vello Beiras e repitese a historia con outros, todo por estarlles papando o terreo as Mareas. Animo Aniña, os sociosnaslistas igual che ofrecen recuncar de deputada e ate medrar como fixo Leiceaga, so tes que virala chaqueta.

2 Choquiño

Pontón non se da de conta que eles non son quen de esixir nada?¿ Se non van na Marea van desaparecer a xente o ir a votar xa lles dixo que querian deles e o resultado foi 0 frente a 6. Seguides mirando para o ceo sen ver o que hai na terra así vos vai. O pobo é quen mais ordea non o BNG !!!

1 John McNamara

O pobo, que é o que máis ordena, vota por absoluta maioría a partidos como C´s, PsoE e PP. Por favor, estupideces as mínimas.

2 Choquiño

Donde viche ti unha maioria absoluta de C´S?¿ e do PP nas ultimas eleccións¿? e do PSOE¿? Xa quixeras ti unha maioria de C´S pero toda para ti que ibamos criar bo pelo!! xa vemos unha xestion do PP na rede sergas!! todo é unha xestión exemplar da cal se gaba un Presidente que so fai darlle os medios afins euros a esgalla para que lle fagan a pelota!!

1 John McNamara

Agardo que o BNG sexa quen de incorporar aos moitos e moitas persoas que desde unha perspectiva da esquerda nacionalista non queren votar a Podemos e ás Mareas. Galiza precisa un proxecto da esquerda nacional sen dependencias de Madrid: PODEMOS e IU. Todo vai depender da xenerosidade do BNG. Por outro lado, Ana Pontón paréceme unha magnífica candidata. Por certo, Beiras deu aires a unha IU defenestrada en Galiza, onte mesmo a Yolanda Díaz xa falaba de defenestrar a Beiras....en fin.

1 Pepinho

Bueno bueno!!!Rapaz estas máis perdido que os do bngá!!!Xa se viron os resultados nas pasadas eleccións e prepararse para a que lle vai caer nas galegas,pero vos tranqulios que non ides estar no parlamento e seguiredes a esixir que Anova vaia con vos deixando as Mareas.... Non estades en un bo lugar para esixir,un pouco de critica interna non vería nada mal velaí tendes o falar do pobo.