“O voto útil da esquerda é En Marea, o BNG forma parte do pasado”

Miguel Anxo Fernán Vello esquiva as polémicas cos candidatos do Bloque pero afirma que a etapa da fronte nacionalista pasou por non saber ler o momento histórico. Por iso o candidato de En Marea pide aos indecisos que aposten pola confluencia para así lograren un segundo deputado por Lugo -el xa foi deputado na pasada lexislatura- e un senador. Os pactos co PSOE, o grupo parlamentario propio e as enquisas son outros temas desta entrevista.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 23/06/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Miguel Anxo Fernán Vello naceu en Cospeito en 1958. Poeta premiado con máis dunha ducia de galardóns, músico, tradutor e editor (cofundou Espiral Maior) e un persoeiro ben coñecido no eido da cultura pero de recente protagonismo político. Militante de ANOVA Irmandade Nacionalista, o partido que lidera Xosé Manuel Beiras, nas eleccións xerais de decembro de 2015 foi cabeza de lista da candidatura En Marea pola provincia de Lugo. Saíu elixido deputado, logrando para a confluencia un deputado co que moi poucos contaban. Agora repite como cabeza de cartel co obxectivo de, polo menos, revalidar o seu escano.

Beiras e Fernán Vello chegan a un mitin de En Marea
Beiras e Fernán Vello chegan a un mitin de En Marea

A maioría das enquisas dan por seguro que En Marea volverá a ter un deputado por Lugo, polo que vostede volvería ao Congreso. Mesmo falan da posibilidade dun segundo deputado….

O certo é que hai moitas enquisas, moitas análises demoscópicas, algunhas feitas por medios de comunicación e tamén hainas privadas, as que fan os partidos; e tamén están a do CIS. En boa parte son coincidentes no que sinalan, por exemplo, parece claro que se repetirá o sorpasso de En Marea ao PSOE en Galicia. 

Pero cre que en Lugo sacarán o segundo deputado?

En Lugo dan unha subida importante; tanto en porcentaxe de votos acadados, como na posibilidade case certa dun senador por Lugo; como na posibilidade afastada pero posíbel, porque hai medio millón de indecisos en Galicia-  dun segundo deputado por Lugo. 

Miguel Anxo Fernán Vello
Miguel Anxo Fernán Vello | Fonte: enmarea.gal

E que sensación recibe vostede na rúa? Nota un maior apoio ca na campaña do 20D?

A sensación na rúa é esa. Hoxe estiven en Lugo, pero andiven xa máis de 4.000 quilómetros por todo a provincia. Hoxe estiven en Vilalba, en Chantada e a sensación é sempre moi positiva, moita máis xente, moita máis proximidade, moita máis xente que se achega.

Supoño que moito deses que se achegan preguntaranlle se En Marea vai pactar co PSOE para permitir a formacion dun goberno ...

A xente que se achega non fai moitos comentarios para animarte, pero a verdade é que non pregunta polos pactos.

Daquela pregúntolle eu. Participará En Marea nun enventual acordo Unidos Podemos máis PSOE?

Nós temos a man tendida a todas as forzas da esquerda. O que está clarao é que En Marea vai ser fundamental para o equilibrio de forzas dentro da propia esquerda, debido a que todo apunta a que a un maior número de parlamentarios e senadores, podemos pasar de 6 a 8 no Congreso, e no Senado, ademais do da Coruña, mesmo pode haber un novo senador por Pontevedra, que sería Xosé Luís Méndez Ferrín, o que sería magnífico.

Polo tanto, man tendida ao PSOE?

Nós temos tendida a man persoa a un tipo de PSOE, ao PSOE da socialdemocracia, ao PSOE federalista,  ao PSOE que ven da tradición da esquerda socialista. Agora ben, este PSOE ten que pór por diante doutras cousas a necesidade dun cambio político no conxunto do Estado Español. Ese é PSOE de esquerdas ao que lle tendemos a man. 

Xa, pero ese PSOE, polo menos o seu líder estatal, responde que gracias, pero que el non vai participar nin apoiar un goberno en coalición con forzas independentistas, que cuestionan o modelo de Estado. En Marea considérase independentista?

En Marea é unha alianza plural das esquerdas, tanto da nacionalismo como internacionalismo, e o nacionalismo é tamén un movemento que cre no internacionalismo. Está ANOVA Irmandade, Podemos Galicia, os movementos municipalistas, Esquerda Unida, persoas non adscritas, etć. É unha a unidade popular diversa; é unha fronte ampla cunha gran diversidade e ao mesmo tempo cunha gran unidade no seu centro político estratéxico, que defende como primeira instancia o dereito a decidir dos pobos.

Di vostede que En Mara goza dunha gran unidade política, pero o certo é que houbo moitos tira-puxas, mesmo públicos, ao respecto de cal sería a mellor vía para lograr un grupo parlamentario propio no Congreso, que non se conseguiu na breve lexislatura pasada.

O grupo parlamentario non se conseguiu no plano oficial, pero no plano de facto si. A propia xefatura de Estado se referiu a En Marea como tal ao incluíla na rolda de contactos para formar goberno e o Ministerio do Interior fixo outro mesmo ao dar os resultados de En Marea por separado. En Marea integrouse nun grupo confederal e así traballou, de facto o certo é que funcionou como grupo parlamentario propio. A mesa do Congreso negou o grupo de En Marea por unha decisión política absolutamente infame e totalmente afastada da realidade democrática dos 410.000 votos da confluencia.

Ben, pero nesta ocasión pode repetirse o mesmo. Vostedes aspiran desta volta a conseguilo? Cren que teñen opcións?

Esa é unha decisión que vai depender da Mesa do Congreso, que depende de se a Mesa ten vontade política democrática ou non. Se a Mesa do Congreso é unha mesa representativa e composta pola representación proporcional dos resultados das eleccións, confiamos niso; pero hai que agardar porque é o día 26, o día das eleccións, cando se decide. En todo caso, hai que ter en conta que vai haber unha marea crecente non só en Galicia, senón no conxunto do Estado.

Unidos Podemos defende que Cataluña debería poder organizar unha consulta sobre a súa independencia. Debería haber tamén esa consulta en Galicia?

En Cataluña hai un movemento popular demográfico amplamente demostrado a prol da independencia, capaz de sacar máis de dous millóns de persoas na rúa. Hai unha conciencia de cidadanía e hai unha reivindicación do dereito a decidir, que é un dereito para nós absolutamente democrático que hai que respectar. En Galicia tamén, nós defendemos que existe o dereito a decidir do pobo galego como tal; pero tamén sabemos que non existe en Galicia unha conciencia política dos dereitos nacionais como a que hai no caso catalán. Polo tanto, as prioridades hai que establecelas da política real, nas demandas reais da sociedade. En marea vai atender en primeiro lugar aos problemas reais da sociedade, como o fortalecemento dos procesos produtivos para atinxir un modelo social xusto. Tamén vai incider de xeito prioritario na propia identidade de Galicia, na súa cultura, no idioma ...

Agora que fala do idioma. Cando entrevistamos a Carlos Callón, o candidato do BNG pola Coruña criticounos a vostedes por non presentar ningunha iniciativa particular sobre o galego durante a pasada lexislatura. Mesmo chamoulles lacazáns a vostede e ao resto de parlamentarios de En Marea ...

Con Carlos Callón non quero establecer ningún debate.  Hai que recoñecer o traballo do BNG no Congreso durante moitos anos, porque són non somos sectarios. Sobre todo a labor nos últimos anos da ex-depuptada por Pontevedra, Olaia  Fernández Davila, mais iso xa é pasado. 

Que quere dicir?

Estamos noutra conxuntura política, estamos noutro ciclo histórico, que algúns sinalan como o principio do esfarelamento da monarquía borbónica e o BNG non soubo ler ese momento. Os galegos xa sancionaron a súa opinión sobre este tema con 410.000 votos para En Marea, o que é feito é o histórico. Ademais, en tres meses escasos, e tendo en conta que había polo medio toda unha complexa negociación para tratar de formar goberno, nunca tanto en tan pouco tempo se traballou por Galicia no Congreso.

Anímese a facer un pronóstico, con que resultado lle gustaría despertarse o próximo luns?

Nós aspiramos a ser en primeira forza en Galicia.

Por diante do PP?

Esta unidade popular pode estar por diante do PP, están aí unhas eleccións autonómicas e En Marea ten que ser a forza que lidere goberno, pois por suposto que vai dar dar o ‘sorpasso’ ao PSOE no conxunto de Galicia.

E en Lugo?

En lugo aspiramos a ter dous deputados e un senador. O voto útil da esquerda - o BNG forma parte do pasado, con todo o seu recoñecemento que facemos ao seu traballo- é o voto a En Marea.

Xosé Manuel Beiras nun mitin de En Marea en Lugo, xunto con Fernán Vello
Xosé Manuel Beiras nun mitin de En Marea en Lugo, xunto con Fernán Vello | Fonte: enmarea.gal
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 40 comentarios

19 Ted Flanders

Tes toda a razón! o futuro está na marea, que sube e baixa..... agora toca cobrar de "papa estado". Deixemos as poesías para os intelectuais e idealistas. (Cada vez que lembro cando e como chegaches a Coruña me parto!)

18 Fernan Viejo

E este non se trabuca de inimigo? Só polo soldiño o moi Caballero Hidalgo.

17 Alberte

O modelo de cidade de Ponte Vedra (e os ejemplos de Alhariz, Carvalho, Tominho, São Sadurninho, etc.) é passado. O futuro é ir deslocar-se desde Vigo até Ponte Vedra de carro pola autoestrada estatal e estacionar diante da Deputação para fazer gestões (a que outra coisa ir à capital, verdade?), como quer o ghicho este da Mareiya de Vigo que bardalha en ViaV. Uf, ir de comboio ou de autocarro, ou estacionar no Paço da Cultura e caminhar um pouco, que preguiça!! Quem equivoca o inimigo? O mareiyas?, os amigos de CCOO do Parque de Maquinárias?

1 Viki

Alberte, que atrevida semella a tua iñorancia! Que o Ruben mareante paspan de Vigo diga parruladas non te fai menos despistado. Pois se coñeceras o pais non dirias modelo Carballo, modelo San Sadurniño, e modelo Tomiño... Cidades? Pero se Tomiño nin existe como localidade! Non hai tal meu rei! E o concello de Tomiño ben sendo un exemplo do desastre urbanistico, que os arquitectos comparan con Cerveira, o concello portugues de enfrente que si aparece como modelico. Xa ves, tanto papanatismo non parece recomendable, nin polo Bloque nin pola marea. Pena de comentaristas a soldo, noxo de galegos criados para servir ao partido de turno!

2 Alberte

Cara Viki, se leras o meu comentário, eu não falo de modelo Tominho, apenas de modelo Pontevedra. A Praça do Seijo, A Fortaleça, são intervenções do BNG premiadas polos arquitectos. O "modelo" anterior do PP... E não, não sou militante do Bloque, mais sim nacionalista que ama o seu pais. O ejemplo de urbanismo português? Quem me dera nós asssemelharmos-nos mais a Portugal!!

16 Ana

Animo Fernán Vello, os consumistas vieiristas dependentistas estamos contigo! Ti, que representas a figura dun señorito de séculos idos! Ti, que es poeta de culto na capela particular do pazo do Beiras! Ti, que podes presumir de nunca sudar, pois de traballo nunca quixeches saber! Ti es o noso grande ídolo! Hai cabaleiro disposto a cavalgar! Hai galegos dispostos a servir! Hai Marea entregada a España!

15 Gomesende

Os amantados do Bloque queren seguir chuchando da teta do PsoE, e a teta secou. Agora o modelno ben sendo colocarse do lado do vento de Podemos, asi Fernan Vello, Alexandra, Pam, Gomez Reino, Yolanda Diaz e tantos outros sen oficio nin beneficio van ser alimentados por España. Entregados a quen lles paga. E non son so cuneros, como se di abaixo, son entreguistas, vendidos, falsarios, colocados a dedo... Non van defender os intereses dos galegos do comun, van a situarse, a cobrar, a defender a sua mantenza. A prioridade: a barriguiña. Xa podedes rasgarvos as vestiduras, sabemos a quen servides por moito discurso para a galeria que fagades. Os 8.000 e pico euros mensuais son a vosa patria... para vos e para alimentar asesores, facemos chiringuito e o povo que aplauda.