Centos de persoas esixen o arquivo “inmediato e definitivo” da Operación Jaro contra Causa Galiza

Unha manifestación percorreu Compostela convocada por unha plataforma integrada por "70 entidades políticas, sociais e sindicais galegas".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 23/04/2017 | Actualizada ás 14:27

Comparte esta noticia

Centos de persoas participaron este mediodía nunha manifestación que percorreu as rúas de Santiago de Compostela para esixir o arquivo "inmediato e definitivo" da causa penal contra nove militantes de Causa Galiza detidos no marco da Operación Jaro, desenvolvida en outubro de 2015.

Manifestación en Compostela para pedir o arquivo da causa penal contra os militantes de Causa Galiza, no marco da 'Operación Jaro'
Manifestación en Compostela para pedir o arquivo da causa penal contra os militantes de Causa Galiza, no marco da 'Operación Jaro' | Fonte: Galiza Contrainfo.

A protesta foi convocada por unha plataforma integrada por "70 entidades políticas, sociais e sindicais galegas" e partiu da Alameda de Compostela ás 12 horas deste domingo. Os partidos políticos BNG, Anova e Podemos; así como os sindicatos CIG, CUT ou Sindicato Labrego Galego participaron na manifestación.

Na marcha se reclamou o arquivo das causas penais abertas contra nove persoas ás que a Audiencia Nacional investiga por supostos delitos de "integración en banda armada" e "enaltecemento do terrorismo".

Os manifestantes chamaron a non caer no "silencio" para impedir que continúen os operativos policiais que teñen por obxectivo "impedir a liberdade de expresión".

A berros de "Non é democracia, é neofranquismo!" ou "Audiencia Nacional tribunal fascista", os participantes na protesta partiron da Alameda para rematar na Praza do Toural, onde se clausurou o acto coa lectura dun manifesto.

Manifestación contra a Operación Jaro, que derivou na detención de nove militantes de Causa Galiza
Manifestación contra a Operación Jaro, que derivou na detención de nove militantes de Causa Galiza | Fonte: Europa Press.

Alí, cualificaron de "montaxe política xudicial" a Operación Jaro, pola que foi ilegalizada temporalmente a organización Causa Galiza, decisión que foi suspendida a finais de 2016 pola Audiencia Nacional.

Deste xeito, os manifestantes indicaron que os poderes do Estado español "castigan a diferenza política", como, na súa opinión, demostra o "asalto por comandos armados da Guardia Civil" en varias vivendas, operación que derivou na detención de nove persoas por "organizarse" pola independencia de Galicia.

A manifestación tivo lugar "nun momento crítico", segundo os convocantes, xa que este mes de abril cúmprense 18 meses do inicio da investigación, polo que, se non se produce unha nova prórroga, a Audiencia Nacional "dará a coñecer a resolución deste proceso político-xudicial", aseguran os manifestantes.

O pasado mes de decembro, a Audiencia Nacional deixou sen efecto a "suspensión cautelar de actividade" da organización independentista Causa Galiza. Unha decisión que foi considerada por un dos detidos na Operación Jaro, Joam Péres, como "un pau importante" contra o "proceso represivo iniciado en 2015", xa que "deixa sen unha das súas bases fundamentais o sumario e o proceso iniciado coa operación da Guardia Civil".

PENAS DE ATÉ 17 ANOS

Os procesados —Sabela Igrejas, Joám Fernandes 'Caque', Borxa Mejuto, Antóm Árias, José A. Gonçalvez 'Muros', Óscar Gomes, Henrique Torres, Salva Gomes e Joám Peres— poderían enfrontarse a penas de entre sete e 17 anos de prisión.

"Existen outros escenarios posibles, como o arquivo definitivo da causa penal ou a celebración dun xuízo político que afectase todas ou parte das persoas procesadas, como os tipos penais actuais ou outros diferentes", apuntan dende Causa Galiza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

4 Efixio

Con respecto a "hpqf", "Diki", "Rgjiky" dicerlhes que non é que pense como "Rgjky" nalgunhas ocasións. E é de supor que moita xente do ámbito nacionalista-galeguista tamén. Pero tenho ás minhas dúbidas coa minha forma de pensar. Porque, como a moitos de nós, educáronnos moitos fascistas como ti, que sin pretender selo, éranno. Daí que dubide dos meus xuizos de valor e que me abstenha de publicalos, aínda que ás veces, tenha pensamentos ou melhor dito, intuicións, como os teus. Con respecto á si son valentes ou covardes, pódoche asegurar, sen temor a me equivocar, que son moito máis valentes ca ti ou que min. O que quero de ti e dalgúns máis é que cando saia algunha nova do PP que saltedes e digades que habería que ilegalizalo por pertencer a organización mafiosa. Pero a que non o facedes? É que sodes moi valentes!

3 hpqf

Se gostan de xogar a ser gudariños hai que asumir as consecuencias das brincadeiras... a chorar a Cangas... ou ao trullo neste caso.

2 Diki

Mais convocantes que manifestantes. Cheiraba moito, facía un bo domingo e calquera con dous dedos de fronte íase de excursión antes de acompañar a esa banda

1 Rgjky

Ben sei que os independentarras rexeitan o uso do desodorante disque por ser bugués. Os homes teñen que cheirar que aplanan a sobaquillo, i elas a bacallao ou maruca que para iso son mulleres bravas. Pero últimamente me chegaron rumores de que tamén rexeitan a ducha diaria, por ser costume monárquico expañolento, introducido pola raíña Victoria Eugenia de Buttemberg ou como carallo se escriba. Disque o aseo fano por parroquias, metidos dentro dunha tina, e con xabrón feito na casa despois de pasar por un colador de tela o aceite que queda de fritir patacas ou pescado. E como isto é congruente co anterior, quixera que alguén ampliara datos sobre as peculiaridades, ao meu xuizo extravagantes, deste grupo étnico que colle folgado nun taxis. Obrigado, rapaces

1 obrigado eu

obrigado eu, que duas ou tres veces cada ano gosto de ler parvadas como o teu comentario.

2 expaña represión dexenerada

constatado non había ninguen das mareas... outra vergonza mais do xuiz fascista chamado VILLANO xefe de podreiros grazas a permuta do vello -vieiras e de Waldo das jons (pableiras) . GALIZA POLA SUA LIBERDADE E GRANDEZA, sen expaña ... sen putaña!!! - FRIJOLES ESCOITA O POBO ESTA NA LOITA!!!

3 anonimo

expaña represión dexenerada. La falsedad, la calumnia y la mentira, ademas del comportamiento fascista, son el hecho diferencial de quienes apoyan a estos mendrugos-fachas del separatismo galleguero, que solo dan miedo si se les da la espalda, porque de frente son extremadamente cobardes. Fascismos NO, de ninguna ideologia.

4 FUN_EU

Menuda agrupación de parvos feixistas! Son destes que MINTEN decindo que as manifestacións de Madrid foron levadas por Resistencia Galega, que ían armados i eran perigosos: soubose logo que habían MENTIDO tanto as forzas policiais como Cristina Cifuentes. Son destes que MINTEN cando din que unha señora estafada polas preferentes se saltóu un control policial... Vostedes, MENTIREIROS, debían estar no cárcere por ser lixo humano, non os que son perseguidos. Sei moi ben que con isto arrisco a que calquera de vós, feixistas de m., lle dé unha pataleta. Tanto me da: MENTIREIROS DE M.