A estreita relación de Feijóo, Martín de Pozuelo e Romay Beccaría

"Mentres eu teña algunha responsabilidade en informática, esa será a persoa da que sempre me rodearei para estes temas; sempre, antes e despois”. Así defendía Feijóo á sobriña de Romay no Congreso ao fío da primeira polémica dunha relación que se estende polo Sergas, Ministerio de Sanidade, Correos, Política Territorial e a agora en varias adxudicacións sen publicidade.

Por Walter Burns | O Irixo | 15/03/2010 | Actualizada ás 09:19

Comparte esta noticia

Galicia Confidencial sinalou a multiplicación de adxudicacións á Atos Origin dende o PP está no poder na Xunta. Carmen Martín de Pozuelo Romay, sobriña de José Ramon Romay Beccaría, mentor político de Alberto Nuñez Feijóo, é directora de Desenvolvemento de Negocio Sanitario desta consultora.

None

Máxima puntuación posíbel en todo menos no prezo

Tanto Feijóo como a S.X. de Modernización (que lle adxudicou todos os seus contratos para redactar plans, incluídos dous sen publicidade e outros dous dándolle a máxima puntuación posíbel en todo salvo no prezo) negan trato de favor algún.

O certo é que a traxectoria profesional de Feijóo, Martín e Beccaría é moi próxima dende hai, polo menos, 14 anos.

O padriño de Feijóo coida da familia

A principios dos 90, Romay chega á cabeza da Consellería de Sanidade dende a de Agricultura. Con el trae de secretario xeral a un prometedor mozo, o hoxe presidente da Xunta. Romay nomea a súa sobriña asesora de Sistemas de Información.

O segundo encontro profesional do trío dáse no ministerio de Sanidade a partir de 1996. O esquema do Sergas repítese no Madrid da era Aznar: Romay é ministro, Feijóo secretario xeral de Asistencia Sanitaria e Carmen Martín asesora de Sistemas da Información.

Feijóo dá a cara nas Cortes pola sobriña de Romay

En 1998 salta a primeira polémica, Sanidade merca 17.512 terminais sen a letra ñ. A oposición pide explicacións no Congreso dos Deputados. O deputado Feliciano Blázquez apunta co dedo á responsabilidade da sobriña de Romay.

Dende o estrado, Feijóo defende con uñas e dentes á acusada: “Vostede fala tamén desa asesora executiva do ministro. Mire vostede, mentres o ministro teña confianza na miña persoa e mentres eu teña algunha responsabilidade en informática, esa será a persoa da que sempre me rodearei para estes temas; sempre, antes e despois”.

Feijóo leva a Martín de Pozuelo a Correos e a Política Territorial

Tres anos despois, Feijóo comeza a voar só e chega á presidencia de Correos. O político ourensán ficha a Martín de Pozuelo Romay como a súa directora de Tecnoloxía e Sistemas.

En 2003, Rajoy fai retornar a Feijóo á Xunta para inclinar a convulsa sucesión de Fraga a prol do 'birrete', a tendencia do PPdeG máis centralista que liderou Romay Beccaría. Feijóo substitúe ao defenestrado Cuíña, líder da 'boina', na consellería de Política Territorial. De novo Feijóo nomea a Martín de Pozuelo Romay para súa cúpula, desta vez directora de Sistemas de Información.

Primeira adxudicación a ATOS

En Xuño de 2004, Atos Origin (daquela chamada só 'Atos') logra a súa primeira gran adxudicación da Xunta, precisamente do departamento que lideran Feijóo e Martín de Pozuelo Romay. Nunha UTE con Coremain, Atos encargarase do centro de xestión informática de Política Territorial a cambio de 1,6 millóns.

Un ano despois o PPdeG perde as eleccións. Feijóo pasa a líder da oposición e Martín de Pozuelo é fichada como directiva para a central de Atos en Madrid.

Nova sede de Atos Origin en Santiago

O resto da historia xa foi relatada neste diario electrónico. Atos Origin multiplica os seus negocios coa Xunta dende a vitoria de Feijóo até o punto de ofertar dez postos de traballo nunha nova sede en Santiago.

Cuestionado polo aumento dos contratos a Atos, Feijóo mostrouse visiblemente molesto coa prensa. "Sería bo non lanzar cuestións que non son certas e afectan á honorabilidade de persoas que non poden defenderse", advertiu aos medios.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

8 luís

Non, aquí os únicos corruptos son Quintana, que se subiu ao barco dun constructor e Touriño que adouraba os coches de luxo.

7 nonentendo

Non hai nada demostrado ¿Ou coñecer persoas é delito? É innegable que Feijoo e a paisana se coñecen, pero de ahí a que lle esté a asignar concursos a dedo habería que demostralo. Todo parece indicar que sí, pero...existe todavía a dúbida razonable ¿non?

6 ITOS, CARL ITOS

No debísteis venir a Chanchullo´s City, no hay adjudicaciones para todos. Cuidado, forasteros, pueden empezar a silbar las balas, me llamo ITOS, CARL ITOS...

5 Pigmalión

"Los políticos y los pañales se han de cambiar a menudo... y por los mismos motivos" George Bernard Shaw, premio Nobel de Literatura en 1925 y Óscar de Hollywood al mejor guión en 1938.

4 sxmodernizacion

Claro!. E non nos cortamos un pelo. Dende sempre o traballar en informática no Sergas e na Xunta de Galicia, leva parello que un se faga un chalet. Agora que o sector da construcción está mal, temos a obriga de activar a promoción a toda costa, polo tanto dende a sxmit e o cixtec é o que faremos, o que pasa que como xa temos chalet da nosa estancia no sergas agora haberá que facer un tamén na praia. Para esto nos vota a xente, qué pensabades, así somos no PP sempre pensando no ben común.