A profesora en cuestión afirmaba que a situación xeográfica e climática tiña unha fonda influencia na xente á hora enfrontarse á vida. Pois as persoas que vivían nas zonas próximas ó ecuador e preto dos trópicos, por atoparse nun clima benigno, non actuaban diante as necesidades vitais igual que as persoas que habitan nas zonas mornas e frías do planeta. Pois nestas as estacións do ano están moi marcadas; son moi diferentes e teñen rigores duros que hai que superar. Polo que, estas xentes, tampouco necesitan sacrificarse nin someterse á disciplina do traballo como se entende nas zonas tempradas, e iso é un dato importante para comprender aspectos e modos de vida na America central.
O parente dominicano, diante a pregunta das razóns polas que na mesma illa, Haití vivía na miseria total, e os dominicanos tiñan un nivel de vida moito mellor cós seus veciños, respondeume que Haití fora o primeiro pais da zona en liberarse da colonización e do escravismo. Pero que, a ausencia dunha clase medía, e a toma do poder polas xentes menos preparadas levou ó pais a un goberno que mal administra a súa miseria. E de seguido recomendoume a lectura dun libo de Isabel Allende: La isla bajo el mar, onde se pode entender a historia haitiana.
Logo, non hai moito tempo, topeime en Vigo cun matrimonio de galegos que volveran de Venezuela. E falamos do país, de como vivían alí e tamén das razóns de volver a terra. Comentáronme que, dende a chegada de Chavez o poder, no seu discurso político sempre culpaba de todos os de afora dos males do pais: Así o colonialismo, os americanos e os galegos que tiñan negocios, eran os causantes do mal; eran uns saqueadores. A propia idiosincrasia das xentes, e o discurso no que a ausencia de autocrítica polos erros propios, prendeu nun sector importante, e segundo me contaba a muller, moitos cidadáns miraban mal ás persoas doutros países que tiñan alí negocios. Co que milleiros de galegos estano a pasar moi mal nese pais a día de hoxe.
Pois ben, estas cuestións e outras, xunto coa inseguridade vital e xurídica, a distancia de clases, e ó vivir nun país potencialmente rico, pero que case nada produce, salvo vender petróleo, son factores importantes a ter en conta á hora de pronunciarse sobre o que alí acontece.
Con todo, e sen entrar nesa disputa dialéctica inútil sobre o que, para min, é un fracaso de goberno, sorpréndeme negativamente que parte das forzas políticas galegas esquezan a defensa dos nosos emigrantes e, pola contra, defendan a un señor que manipula a xustiza, burla os resultados electorais e pretende facer unha constitución con participación asemblearia excluíndo ó parlamento electo. E xa, no cumio do disparate, chama á poboación chavista a defender coas armas as súa veleidades.
Mal camiño leva o asunto cando unha parte da poboación ignora os resultados electorais e pensa en manterse no poder a golpe decretos amparados pola forza da represión. Mal camiña un pais, onde non se respectan os resultados nas urnas. Mal camiña un estado sen seguridade xurídica e vital. Pois, as melloras sociais no mundo sempre viñeron do traballo, do entendemento, do pacto social e da creación de emprego. E diso seica andan escasos a día de hoxe os venezolanos. Pois parece que non hai espazo para o diálogo e o acordo. Por iso e digo Venezuela, Venezuela.