Feijóo: “Os convocantes de manifestacións o 25X son os responsables de que transcorran con normalidade”

Ironiza sobre as distintas convocatorias das formacións de En Marea. “Son moitos e non se poñen dacordo”, apunta.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/07/2017 | Actualizada ás 14:39

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, advertiu este xoves que a posibilidade de que haxa disturbios durante a noite do 24 de xullo ou durante as celebracións do Día da Patria Galega dependerán das distintas organizacións convocantes de actos e manifestacións.

Manifestación de mozos nacionalistas un 25 de xullo
Manifestación de mozos nacionalistas un 25 de xullo | Fonte: Galiza Nova

Así, preguntado por GC sobre a presenza de antidisturbios na cidade durante esas datas, Feijóo destacou que o pobo galego é “un pobo pacífico”, pero insistiu en que se hai problemas dependerá de quen os crea. “As distintas organizacións convocantes serán as responsables de que os actos transcorrran con normalidade”, dixo.

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo tamén aproveitou para criticar a En Marea, cuxas formacións realizarán varios actos. Así, ironizou con que “son moitos e non se poñen dacordo”. “Os mesmos que están nun grupo parlamentario todos xuntos resulta que fan tres actos diferentes o vindeiro 25 de Xullo”, chanceou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

3 Os que foron suicidados

Nada coma os PPinochos que smpre se "poñen de acordó" no referente a corrupción.

2 urco

Que se vaia a Zara dumha vez, agora que se deu conta que o trem pra substituir a Rajoy ja passou, e deixe de insultar aos galegos orgulhosos da sua Patria e a sua Lingua. Patetico sipaio.

1 nostrus

Somos muchos los que nos sentimos satisfechos de nuestra condicion de gallegos y muy comodos usando el gallego, pero no nos hace falta rengar de nada de lo que somos para sentirnos gallegos porque somos gallegos completos y a jornada completa.

2 chao

somos aún más los que creemos que eres idio-ta perdido nostrus. Te lo dice un español castellanoparlante

3 urco

ja sabemos que os chauvinistas espanhois de orige galega ou espanhola estades mui comodos co delegado do governo espanhol que ocupa a Junta. Nom sejas tam cansino e vai jogar as webs dos teus amiguinhos da falange e adlatares.

4 nostrus

urco, segun os vosos comentarios parece deducirse que o único modo de ser galego para vos é dende o complexo, a frustracion e a infelicidade. Si vos elexides o camiño da incomprension e o sufrimento, seguide sufrindo mentras eu disfruto da miña galeguidade. De todos modos, os vosos aquelarres merecen o mesmo respeto que os de Falange. Viva Galicia.

5 urci

um dos teus problemas , nostrus, eh que a tua covardia impele-te a viver em cinismo constante. es descaradamente fascista, chauvinista e supremacista espanhol. reconhece-o , sae do armario, e sobre todo se vocacionalmente es um plasta trollero, vai dar a murga aos teus correligionarios fascistas, que ainda tes uns quantos e passarede-lo mui bem (falange, cedade, vox, pp, ciudadanos... tes onde escolher).

1 sanquera

A coño, Feijoo responsabiliza ós convocantes das manifestaciósns dos problemas que se poidan causa. Pero iso so aqui, en venezuela os disturbios son culpa do goberno