Que fan os militares da UME? “Non serven para nada. Só veñen para a foto”, din brigadistas

Os bombeiros forestais din que os militares “non están preparados” para loitar contra os lumes e que “sempre quedan cos camións ás beiras do camiño”. “Se vos fixades os seus traxes están sempre impolutos”, critican.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 21/10/2017 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

Serviron de algo os militares da UME?”, foi a pregunta que se lle fixo aos distintos membros de emerxencias que este venres se xuntaron en Galicia para denunciar a descoordinación na vaga de lumes que afecta a Galicia. “Non serven para nada. Só veñen para a foto”, espetaba Josefat Puente, un bombeiro forestal contratado por Seaga.

Membros da UME loitan contra o lume en plena vaga de incendios en outubro en Galicia
Membros da UME loitan contra o lume en plena vaga de incendios en outubro en Galicia | Fonte: Miguel Núñez.

De feito foi máis alá e asegurou que, desde o seu punto de vista, os militares non deberían estar para sufucar lumes. “Ese non é o seu cometido. Non están preparados para iso. O seu é o tema militar”, indicaba Puentes.  E sen conterse espetaba “pero vós fixadevos onde andan sempre... Sempre nas estradas, nos camiños, non van máis alá de onde lle dean as mangueiras, por iso os seus traxes aparecen sempre impolutos”. “E logo, ademais, cobran un pastón”, concluía.

Estes días foron 700 efectivos da UME os que foron despregados en Galicia para conter os incendios. 540 deles estaba xa o domingo, o día crítico dos lumes, e outros 160 se incorporaron nos días seguintes. Contaron, para a súa actuación, con 130 vehículos, 3 helicópteros e 4 avións.

Na visita que o martes realizou Mariano Rajoy a Galicia apareceu rodeado de militares da UME. Con todo, en ningún momento se lle viu rodeado doutros equipos ou servizos de emerxencia. “E que vanlle moito as fotos”, ironizaban os brigadistas ao respecto.

Outras polémicas

A relación entre UME e outros servizos de emerxencia, principalmente, bombeiros e brigadistas non é moi fluída. Hai dous anos xa houbo unha forte polémica entre integrantes da UME e bombeiros forestais a conta dun vídeo e dunhas fotografías nas que se podía ver a un suposto militar da Unidade Militar de Emerxencias bebendo e bailando nunha festa mentres ardía un monte. 

O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, en Pazos de Borbén
O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, en Pazos de Borbén

Nosotros hacemos nuestra labor que es luchar contra los incendios forestales. Acudimos cuando una Comunidad Autónoma nos llama”, apuntaron entón desde a Unidad Militar de Emergencias en declaracións a GC, mentres que había duras críticas no perfil oficial de FB de Bombeiros Forestais de Galicia pola actitude de certos integrantes deste corpo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

11 Gallego

El día en que los miembros de la UME puedan afiliarse a la CIG seguro que los liberados sindicales y sus terminales mediáticos cambian de opinión. De momento comparemos la opinión que tienen los ciudadanos de las fuerzas armadas con la que tienen de sindicalistas y políticos. Las carcajadas nos harán llorar.

1 Prestige2

Persoalmente non teño moita pior imaxe de politicos que dos militares ou "toreros" pero meter no mesmo e non é boa precisamente en ningun dos tres casos, os sindicalistas e un tema aparte e funcionan depende do caso.

10 Tonechos

O que está claro é que dende fai tempo querese criminalizar á uns e facerlle un lavado de imaxe os outros polo gasto indecente que se fai en defensa neste pais, iso xa é outra cousa. Os posiblemente unicos beneficiados da chegada da UME á Galicia foron os hosteleiros xa que entre bocadillos, cervexas..... "Fixeron o Agosto". Por non falar dos salarios indecentes que cobran os da UME por vir de paseo á Galicia, con eses cartos poderíase contratar á maquinaria e persoal durante o inverno para á prevención de incendios que sería o método máis eficaz para combatir os lumes.

9 Cuñadanos

A UME sae nas fotos dos lumes xa que rara vez saen da estrada, mentres que os retens non aparecen a vista do fotógrafo ou do veciño preocupado xa que están metidos no medio do monte tentando sofocar con maior ou menor acerto os lumes, quen participará algunha vez nun lume darase conta que á presencia da UME neles e anecdótica (por non falar que non poden mover un dedo á non será que llo autoricen os altos mandos) colaboran infinitamente máis nos lumes á Policía ou bombeiros urbáns que á UME, o resto son contos.

8 Bombeiro forestal

Ei solo sei que desta volta non os mirei diante porque estaba máis preocupado de salvalas casas dos veciños,os cales xa me encontrei e deronme as gracias.Eles saben quen o deu todo incluso de forma voluntaria por eles. En canto a UME resulta curioso que con todo ese equipo da guerra das galaxias e toda a súa operatividade ,solo actúen desde carreteras nacionais ou anchas pistas asfaltadas e non colaboren con nós se non teñen "órdenes de mi teniente" Se callar o lume tamén obedece as ordes do mesmo....

7 anonimo7204

Resumen del artículo de GC: antes Galicia chamuscada que la más mínima traza de España.