Que fan os militares da UME? “Non serven para nada. Só veñen para a foto”, din brigadistas

Os bombeiros forestais din que os militares “non están preparados” para loitar contra os lumes e que “sempre quedan cos camións ás beiras do camiño”. “Se vos fixades os seus traxes están sempre impolutos”, critican.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 21/10/2017 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

Serviron de algo os militares da UME?”, foi a pregunta que se lle fixo aos distintos membros de emerxencias que este venres se xuntaron en Galicia para denunciar a descoordinación na vaga de lumes que afecta a Galicia. “Non serven para nada. Só veñen para a foto”, espetaba Josefat Puente, un bombeiro forestal contratado por Seaga.

Membros da UME loitan contra o lume en plena vaga de incendios en outubro en Galicia
Membros da UME loitan contra o lume en plena vaga de incendios en outubro en Galicia | Fonte: Miguel Núñez.

De feito foi máis alá e asegurou que, desde o seu punto de vista, os militares non deberían estar para sufucar lumes. “Ese non é o seu cometido. Non están preparados para iso. O seu é o tema militar”, indicaba Puentes.  E sen conterse espetaba “pero vós fixadevos onde andan sempre... Sempre nas estradas, nos camiños, non van máis alá de onde lle dean as mangueiras, por iso os seus traxes aparecen sempre impolutos”. “E logo, ademais, cobran un pastón”, concluía.

Estes días foron 700 efectivos da UME os que foron despregados en Galicia para conter os incendios. 540 deles estaba xa o domingo, o día crítico dos lumes, e outros 160 se incorporaron nos días seguintes. Contaron, para a súa actuación, con 130 vehículos, 3 helicópteros e 4 avións.

Na visita que o martes realizou Mariano Rajoy a Galicia apareceu rodeado de militares da UME. Con todo, en ningún momento se lle viu rodeado doutros equipos ou servizos de emerxencia. “E que vanlle moito as fotos”, ironizaban os brigadistas ao respecto.

Outras polémicas

A relación entre UME e outros servizos de emerxencia, principalmente, bombeiros e brigadistas non é moi fluída. Hai dous anos xa houbo unha forte polémica entre integrantes da UME e bombeiros forestais a conta dun vídeo e dunhas fotografías nas que se podía ver a un suposto militar da Unidade Militar de Emerxencias bebendo e bailando nunha festa mentres ardía un monte. 

O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, en Pazos de Borbén
O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, en Pazos de Borbén

Nosotros hacemos nuestra labor que es luchar contra los incendios forestales. Acudimos cuando una Comunidad Autónoma nos llama”, apuntaron entón desde a Unidad Militar de Emergencias en declaracións a GC, mentres que había duras críticas no perfil oficial de FB de Bombeiros Forestais de Galicia pola actitude de certos integrantes deste corpo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

6 Gamela

5 Edu Cernadas

Pois resulta que eu que os estiven axudando dinme conta que realmente eran os únicos preparados de verdad para atallar os incendios mentras chegaban camións da xunta sin mangueiras e as pedían prestadas. Ou brigadas que cando se lle ofrecía axuda parecía que lle ias quitar o seu traballo. A miña sensación foi que as empresas e brigadas da xunta e concellos cobraban e os militares facían o traballo. Si non fose por eles ardía bastante máis.

1 Arbo

Coido que antes de falar deberías informarte un pouco. Ningunha motobomba da xunta vai den mangueiras, o que probablemente pasa é que esas mangueiras estan a ser usadas en outro tendido, xa que hay tendidos que sobrepasan a cantidade de mangueiras que leva unha soa motobomba. En resposta a túa segunda queixa, a cuestión é simple, é un tema de responsabilidades e eficiencia, eu tampouco te querería cerca, teño a miña brigada, profesionais, con moitos anos de experiencia, cada un sabe facer o seu traballo, non estou disposto a que che pase nada estando eu traballando. Pra finalizar, ti podes pensar o que queiras pero resulta bastante evidente quen apaga o lume, senón só tes que ver a cantidade de lumes que hai en Galicia, e cantas veces ven a UME.Non digo máis.

4 Para undecompostela

Eres tontotontotontotonto y asi hasta el infinito, pero no un pocotonto sino mucho, hasta las 10 de la mañana y despues el resto del dia, fuerzas de ocupacion dice, aqui lo unico que no esta ocupado es tu cerebro.

1 Um de Longe

O dia que os galegos se enterem do que fazedes no monte, esse dia ides saber o que é lume

3 iago2

vaia oh, veñen de fora a facerse a foto, protesta todo o mundo e logo volve a gañar o pp ide o carallo

2 Riuriu

Josafat Puente = CIG. Qué é a CIG e para qué sirve? Para nada