Que fan os militares da UME? “Non serven para nada. Só veñen para a foto”, din brigadistas

Os bombeiros forestais din que os militares “non están preparados” para loitar contra os lumes e que “sempre quedan cos camións ás beiras do camiño”. “Se vos fixades os seus traxes están sempre impolutos”, critican.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 21/10/2017 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

Serviron de algo os militares da UME?”, foi a pregunta que se lle fixo aos distintos membros de emerxencias que este venres se xuntaron en Galicia para denunciar a descoordinación na vaga de lumes que afecta a Galicia. “Non serven para nada. Só veñen para a foto”, espetaba Josefat Puente, un bombeiro forestal contratado por Seaga.

Membros da UME loitan contra o lume en plena vaga de incendios en outubro en Galicia
Membros da UME loitan contra o lume en plena vaga de incendios en outubro en Galicia | Fonte: Miguel Núñez.

De feito foi máis alá e asegurou que, desde o seu punto de vista, os militares non deberían estar para sufucar lumes. “Ese non é o seu cometido. Non están preparados para iso. O seu é o tema militar”, indicaba Puentes.  E sen conterse espetaba “pero vós fixadevos onde andan sempre... Sempre nas estradas, nos camiños, non van máis alá de onde lle dean as mangueiras, por iso os seus traxes aparecen sempre impolutos”. “E logo, ademais, cobran un pastón”, concluía.

Estes días foron 700 efectivos da UME os que foron despregados en Galicia para conter os incendios. 540 deles estaba xa o domingo, o día crítico dos lumes, e outros 160 se incorporaron nos días seguintes. Contaron, para a súa actuación, con 130 vehículos, 3 helicópteros e 4 avións.

Na visita que o martes realizou Mariano Rajoy a Galicia apareceu rodeado de militares da UME. Con todo, en ningún momento se lle viu rodeado doutros equipos ou servizos de emerxencia. “E que vanlle moito as fotos”, ironizaban os brigadistas ao respecto.

Outras polémicas

A relación entre UME e outros servizos de emerxencia, principalmente, bombeiros e brigadistas non é moi fluída. Hai dous anos xa houbo unha forte polémica entre integrantes da UME e bombeiros forestais a conta dun vídeo e dunhas fotografías nas que se podía ver a un suposto militar da Unidade Militar de Emerxencias bebendo e bailando nunha festa mentres ardía un monte. 

O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, en Pazos de Borbén
O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, en Pazos de Borbén

Nosotros hacemos nuestra labor que es luchar contra los incendios forestales. Acudimos cuando una Comunidad Autónoma nos llama”, apuntaron entón desde a Unidad Militar de Emergencias en declaracións a GC, mentres que había duras críticas no perfil oficial de FB de Bombeiros Forestais de Galicia pola actitude de certos integrantes deste corpo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

1 nostrus

Completamente falso. Recordo no inmenso incendio que tuvemos no Barco de Valdeorras hai catro ou cinco anos e ata que chegarpon eles non se controlou a situacion. Nada que ver a sua profesionalidade coas brigadas forestais da Xunta e viñan completamente preparados. Traian desde ambulancias, camions bomba, equipos de telecomunicacions, policia militar para argasnizar o trafico nas pistas, ctr.

1 Leaderjof

Igual é que cando chegaron xa estaba controlado ou case, eso tería que dicilo o director do lume. En canto os medios douche a razón, xa os quixeramos os que traballamos nisto, e non ter que ir a un lume e que a metade das motobombas se averíen. Eu pola miña experiencia totalmente dacordo cos bombeiros forestais.

2 undecompostela

non valen para nada e por encima cobran eu tal e como está o pastel vexoas como forzas de ocupación do réxime

3 Mariña

Non son de chamar mentiroso a ninguén, pero dudo moito que estiveses nese incendio como dís, porque pensar que un gran incendio poda ser controlado pola UME e como crer nos reis magos. A UME é totalmente inoperativa, e si somos capaces de prescindir de prexuizos ideolóxcios teríamos que acépatalo. Os brigadistas cos axentes medioambientais ao mando como directores de extinción sofocan centos de incendios anuais, nunca saen nas fotos por dous motivos, un lamentablemente ideolóxico polo que as UME son tan só un elemento propagandístico, e outro máis duro, que é que na fronte das lapas o fume e o calor fan o ambiente irresistible para calquera periodista.

4 Para faltar hay que estudiar

Mariña, xk piensas que la UME no puede controlar un incendio?? Y en cambio una Brigada municipal del Sepei o una Brif de Magrama si, te anticipo que cuando aparece la UME es xk nos solicitan ellos xk el incendio ha superado las capacidades de extincion de ambas Brigadas, para hablar hay que estar informados, y tú, se ve a la legua que no tienes ni idea. Que no se preocupen los Brigadistas que no vamos a dejarlos en el paro; por eso soloo actuamos en Nivel 2, la explicación de los niveles de actuación para otro dia Martiña. Vete x la sombra y ten cuidado con los Brigadistas incendiarios.