Tristura e incertidume

Dous son os acontecementos recentes que a moitos cidadáns nos causan tristura e certa incertidume. Acontecementos distintos que poñen de manifesto que unha fonda crise gravita sobre a sociedade actual. O primeiro dos casos refírese a vaga de lumes que asolaron a nosa terra. 34.000 hectáreas de monte arrasadas, casas queimadas, catro persoas mortas e milleiros de animais salvaxes chamuscados é o balance que nos deixa tal calamidade. As causas parecen diversas e complexas, pero o poder político despáchase dicindo que isto é soamente un asunto de terrorismo feito por grupos organizados. E seguindo tal relato non é capaz de presentar ningunha medida para atallar tal mal que ano tras ano se repite como unha maldición que caiu sobor de nós. Lonxe quedan (nove anos atrás) as estámpas dun Feijoo apagando un lumiño cunha mangueira de xoguete e prometendo rematar co problema si gobernaba. Lonxe queda a medida que o único goberno, o do bipartito PSOE-BNG, poñía sobre a mesa: as Áreas de Xestión Forestal para atacar un problema que ten de fondo a desaparición e o abandono do rural e a desvalorización do sector primario. Outra medida daquil goberno foi o Banco de terras que, dende aquela os mandatarios da Xunta ignoraron intencionadamente. Medidas que Feijoo desvalorizou e desfixo sin presentar nada mellor que poidera alumar algo de espranza sobre iste asunto. E a día de hoxe seguimos aturando esta malediciencia como se fose unha praga que soamente se apaga e remata cando hai choiva.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 25/10/2017

Comparte esta noticia
O segundo asunto o que me refiro é o que acontece en Catalunya. As medidas drásticas do goberno de Rajoy apoiándose nun Senado, que nunca actuou como cámara de representación das comunidades autónomas, son o primero paso que nos levan cara un futuro incerto.  A carencia de diálogo para solventar un problema que non se sabe como rematará, causa moita incertidume entre os cidadáns.  Admitir os erros que se fixeron contra o Estatuto e o idioma e  que as leis non deben ser barreiras que se fan con carácter permanente e eterno podía ser o principio da solución. Admitir  que deben adaptarse ós tempos e que hai que moficalas pudera ser o comenzo  dun bo acordo. Pois  someter a parte  ó veredicto do conxunto, cando a totalidade do mesmo  está feita de partes moi distintas que teñen personalidade  histórica propia, pode ser un erro moi importante.
 
Non sei se  antes do venres poderá aparecer un raio de espranza  que pare ista loucura. Pero todo pinta mal. Por iso afirmo que  camiñamos cara o incerto  e, sobor de todo, cara unha frustración política que soio trae tristura social.
 
En fin, o mundo seguirá dando voltas e nós con el. E en Galicia seguiremos esperando que, a dimensións dos  lumes que houbo nestes días, favorezan un pacto político para deseñar unha  estratexia forestal que poña en valor o monte e frene a destrucción do medio natural. E no que atinxe ó segundo tema, esperar que a cordura política permita acordos de non agresión, aínda que percibo que si se aplica o artigo  155  todo será distinto pois, ise feito,  creará fondas feridas que xa veremos como  e cando se curan.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com