Ou sexa, que conselleira parece que está cega e algo xorda pois non ve nada máis que a man do incendiario. A esta afirmación habería que engadirlle o que dixo o portavoz do PP na Deputación de Ourense no último pleno no que lle chamou carroñeiros a xente que se manifestou contra os lumes recentemente en toda Galicia. Toda esta ristra de declaracións carentes de argumentos e dunha análise que pudera aportar máis luz sobre un tema tan complexo, lémbrame que hai un tempo, nun programa nunha televisión local, falando do rural e da súa desertización e abandono, un contertulio da Deputación (alto cargo pra mais sinais) defendía que as cousas hai que deixalas ir pola súa dinámica e que si o rural esmorece é porque a xente non quere vivir nel. E así xustificaba a situación da desertización humana e desaparición do seitor primario.
Por iso, as declaracións tanto da conselleira como as do vicepresidente, a do voceiro da deputación e tamén as do ilustre funcionario teñen un nexo común que as une, aínda que están separadas polo tempo: non hai previsto nin se espera ningún plan para atallar a crise do rural.
Polo que seguiranse apagando os lumes e esquecerse de todo o demais. Dito doutra maneira, ir capeando o asunto. Claro, esquecendo que os incendios son un síntoma dun sector, o primario que é pasto das silvas e do mato; un sector que espera reformas lexislativas que abran novas formas pra facer rendible economicamente o monte e a posibilidade de que no rural se asente xente. Un sector que precisa e clama por medidas que vaian moito máis alá de contratar avións para apagar lumes ou de prantar piñeiros e pontenciar ós masivamente a invasion do eucalipto.
Ben sei que, cando se empezaban a tomar medidas para atallar o problema, os populares afirmaban, panfleto en mán, que a xente lle ian a expropiar as terras e outra mentiras.
Pero agora, vendo o panorama, e comprobando que nada se move, pois a cantinela dos lumes cada ano volve con máis intensidade, 40.000 hectáreas queimadas recentemente, fágome a seguinte pregunta: E non será que dende o cargo político máis pequeno ate de máis responsabilidade, ou sexa dende o alcalde dun concello pasando pola Deputación e tirando ate o presidente da Xunta, e logo sumándolle os deputados e senadores das cortes, todos pertencentes á mesma formación política, insisto, todos están no poder para desfrutar do mesmo sen outra pretensión que ir tirando?
Gobernar implica tomar determinacións e mollarse para mellorar a sociedade. Implica enfrontarse ós problemas sabedores incluso do custo electoral que pode ter unha importante reforma na propiedade e usufruto da terra. Sí ou non?
Pois ben, diante unha sociedade envellecida, temos unha clase política que ten como único obxectivo o de manterse no poder para disfrutal del eternamente. E mentres cada ano que pasa en Galicia arde polos catro costados. De pena.