Felipe VI: O argumentario do goberno

Como se se tratara do argumentario dos que hoxe nos gobernan, falou Felipe VI. Primeiro, moitas louvanzas e orgullo de pais; logo estase mellorando na economía; despois, verbas dicindo que temos que levarnos ben, convivir e respecto para todas as formas de pensar nunha sociedade plural como a nosa; seguíronlle refernencias a violencia da muller, a ecoloxía, o terrorismo, tamén dixo algo sobre a corrupción e unha referencia as reformas necesarias para avanzar como Estado.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 28/12/2017

Comparte esta noticia
Pouco novo que non se dixera noutros anos. Quizais o tono no que falou foi o mellor, ainda que  faltou  aquelo de que a lei é igual pra todos, o que é unha verdade a medias.  
 
Pero, para os que esperábamos que esta monarquía que nos representa a todos, gústenos ou non,   actuara como mediadora nos conflitos e arbitro nos desencontros políticos, como é o caso de Catalunya, nada de nada. Polo tanto, faltaron unhas  verbas pra  ises dous millóns de cataláns que pensan que a independencia é o mellor. 
 
 A coroa   sigue muda e  ausente e parece non   querer afrontar  unha realidade como a do conflicto catalán ó que se chegou pola ausencia de política dos que agora aplicaron o artigo 155. Por iso digo que   mais ben,  cada vez que fala,  percíbese un rei,  máis como  un aliado do goberno e dunha parte desa España,  e non do conxunto que dí ser. 
 
Moitos esperabamos que o reinado deste novo monarca sería máis rompedor e tamén falaría para os que hoxe non comparten a visión do que nos dí o goberno; para os que hoxe aspiran a unha organización territorial distinta. Para os que hoxe cargaron co peso dunha crise que soio trae desiguldade social; para os  seis millóns que non poden pagar o recibo mensual  da luz que volverá a subir dentro duns días. Tampouco  houbo palabras para os parados e mozos que emigran buscando unha oportunidade noutros países.  Pois esta crise cargouse sobre as costas dunha parte da sociedade mentres, que uns poucos,  melloran a súa posición social e económica. Por iso  o discurso pareceuse máis o dun portavoz do goberno actual  que doutra cousa. E a sociedade nosa precisa de xente que lle fale de realidades ós cidadáns  e non en ton paternalista a semellanza dos discursos de púlpito de igrexa. Pois os cidadáns xa somos  maiores  de idade e  percibimos e sofrimos  unha realidade distinta á que se nos conta dende os medios oficiais.
 
Polo tanto, creo  que o rei perdeu unha boa oportunidade de dirixirse a esa xente, que é moita, e que soamente o ve como unha persoa de boas palabras  que máis paece   un adorno  representativo  que é menos costoso cá unha república. 
 
En fin, esperemos que o ano próximo diga algo máis rompedor e sobre todo exerza ise papel moderador e de árbitro  que a constitución lle asigna e  que hoxe non se lle  ve exercer.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com