EU marxina á eurodeputada Lidia Senra nunhas xornadas sobre a contaminación por lindano

A pesar de que Senra foi elixida pola lista de AGE –integrada por Anova e EU--, e realizou varias iniciativas sobre esta cuestión na Eurocámara, esta formación trouxo a Porriño á eurodeputada madrileña de Izquierda Unida, Paloma López.

Por Galicia Confidencial | O Porriño | 24/03/2018 | Actualizada ás 14:44

Comparte esta noticia

Esquerda Unida volveu marxinar á eurodeputada galega Lidia Senra, elixida por AGE-Europa --unha coalición na que participou a propia Esquerda Unida e Anova--  tras organizar unhas xornadas sobre a contaminación por lindano no Porriño. Non é a primeira vez que isto acontece. De feito, este partido chegou a acusar a Lidia Senra de ser unha “tránsfuga”. Unha acusación que negou Senra que lembrou que está adscrita en Bruselas ao Grupo GUE/NGL (Esquerda Unitaria Europea) xunto a catro deputados máis elixidos na lista de Izquierda Plural.

Eva Solla, Paloma López e Pedro Ocampo, concelleiro de EU Son Porriño
Eva Solla, Paloma López e Pedro Ocampo, concelleiro de EU Son Porriño

Con todo, EU rompeu xa toda relación con Senra e decidiu traer a falar dos problemas que hai en Galicia a unha eurodeputada de Madrid, Paloma López, militante desta formación política. Tras visitar as zonas afectadas por lindano no Porriño e Ponteareas, López dixo que “presentou unha serie de preguntas á Comisión Europea (CE) para intentar aclarar cuestións relativas á calidade de auga, aínda que vendo aquí a situación en directo, o que temos que facer e seguir insistindo en dous preguntas fundamentais”.

Durante a súa intervención no Porriño, dixo que esixirá unha reunión coa Dirección Xeral de Medio Ambiente da CE e levará directamente “a información nosa” para que se actúe por parte da CE “para superar esta situación e velar pola saúde da cidadanía”. Pola súa banda, Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida, incidiu en rolda de prensa que “a Xunta de Galicia non ten feita ningunha actuación efectiva para eliminar os residuos de lindano”.

A súa conferencia tivo por título “Lindano, que facemos dende o Parlamento Europeo”, e contou, ademais de con Eva Solla coa presenza de Pedro Ocampo, concelleiro de EU Son Porriño e vinculado tamén a esta formación política.

INTERVENCIÓNS DE LIDIA SENRA

A eurodeputada galega Lidia Senra informou xa en varias ocasións á Comisión Europea (CE) das altas concentracións de lindano (pesticida) que se rexistran en varias áreas do río Louro ao seu paso polos municipios do Porriño e Tui. Así, ten reclamado unha investigación, que se faga cumprir a Directiva Marco da auga, que se protexa a saúde dos veciños da parroquia de Torneiros, e que se depure a responsabilidade de danos ambientais.

[Ndp101017]: Lídia Senra Impulsa A Visibilización Dás Mulleres Labregas Nos Estu
[Ndp101017]: Lídia Senra Impulsa A Visibilización Dás Mulleres Labregas Nos Estu

O lindano, cuxa fabricación está prohibida desde o ano 1991, é un produto químico insecticida considerado carcinóxeno pola Organización Mundial da Saúde. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

3 Galiza liberdade e xustiza

de contaminación sabe moito, tiña os ouriños cheos de glifosfatos mais que ningún outro europarlamentario, non sei si saben que os mexos son o chivato do corpo...deu esplicacions peregrinas decindo a AGRICULTURA ECOLOXICA, NIN UNHA COUSA NIN OUTRA, falando de fincas e de paisanos que lle daban as viñas moito mais do necesario, nunha competición de "haber quen bota mais Ramón" ninguen o cree... tamen e moi científica xa dixo a gran "cagada" de non ir a vacinarse, dixo de antivacunas... ista e outra mais a que tiñan que tirar do butacón abaixo!!!! xuiz villano outra mais para a dimisionaria da marea do podreiro - AGE (asamblea galaico-española) e decir IU - ILUSIONISTAS UNIDOS, ¡¡¡NON CHE DEIXES ENGAÑAR POLA COMUNISTA!!!! CONTRA AS MENTIRAS DO COMUNISMO LADRON E EXPAÑOL GALIZA SERA CEIBE!!!!-

2 Pondaliao

Cando nos xuntamos cos españois, sempre, sempre, sempre saímos perdendo: 1 galega (anova) + 1 español (iu) = españoleira. 1 galego (anova) + 2 españolas (iu e podemos) = cashondeo.

1 Xanc

Esta nova dá conta do fracaso de AGE e Marea. Non me refiro a fracaso electoral pois resultaron un éxito. Pero para Galicia resultan absolutamente inoperante e nula coordinación. A “pata” estatal absorbe a Galicia e teñen que vir de Madrid a darnos leccións... cando aquí hai xente moi preparada neste e noutros temas. Creo que as forzas galegas (non inclúo a PPSOE, IU e Podemos) deben repensar, admitir erros e plantexar novos escenarios de colaboración

1 comunista independentista

Di que si. Hai que escoller eurodeputados do Bloque... e que se fagan unhas boas SICAVS, que é o seu. ;)