Despois dos resultados formas unha maioría cos aliados ideolóxicos e programáticos máis próximos e chegas ó goberno. Asumes as concellerías que se acordan e designa o alcalde e empezas por coñecer o que dentro delas existe, así como as súas competencias. Igualmente coñeces ó persoal e empeza a andaina. A primeira decisión que tomas é a de non rebulir no pasado, sabedor de que hai cousas que se fixeron daquela maneira, pero optas por non tocar nada para que non te acusen de “revanchismo.” E despois escoitar a mensaxe en forma de aviso por parte dalgúns funcionarios dicindo: tú estás de paso e que eles van a seguir no posto. Ou sexa, que pouco podes facer por trocar as cousas e vicios herdados, empeza o teu mandato. Logo de situarte e coñecer un pouco o asunto, recibes papeis para asinar que veñen informados polos técnicos e xefes de servizo (en moitos casos xuristas acreditados) e dás o visto e prace ás facturas do salario mensual desas persoas que están no teu servizo. Ti non contrataches a ninguén, ademais o escrito ven asinado polo xefe do con todas as cautelas. E dinche e argumentan que sempre se ven facendo así, e que para que funcionen ben as cousas hai que seguir facendo o que xa é unha rutina. Pois, do contrario, pérdense subvencións doutros organismos e quen saen perdendo son os cidadáns.
Iste podería ser o relato do que lles aconteceu a uns compañeiros que agora, lles caeron sete anos de inhabilitación para cargos públicos de elección. A sentencia non é definitiva. Pero, despois de case catro anos, falou a voz da xustiza. Pero, aplicando o mesmo criterio, outros servizos que se están prorrogando ou están e precario habería que suspendelos pois como di a sentenza “ o fin non xustifica os medios, por moi loables que istes sexan “ asi que se amolen os cidadáns.
A denuncia seica a presentou un señor, mellor dito, un persoeiro un tanto peculiar.., que, segundo dixeron, agochaba unha forte xenreira por cuestións de caracter persoais contra algún concelleiro. Un persoeiro que, despois de colarse nun sindicato moi coñecido como a CIG, denunciou diante os xulgados o que debera ser un asunto administrativo e laboral interno.
Mais, o concreto é que, despois de pasar por diferentes procesos, o caso foi arquivado. Pero a fiscalía non conforme coa decisión decidiu apelar. E despois da vista, a xustiza dixo e argumentou a súa sentenza afirmado que houbo prevaricación. E en consecuencia carga riba do lombo dos acusados sete anos de inhabilitación para cargo público. Sete anos tratándoos como se fosen delincuentes e toda regla. Supoño que haberá recurso dinte tal sentenza e xa veremos en que queda.
Conclusión: despois do acontecido na vista oral, un xa empeza a non crer na xustiza, pois percíbese tan distante da vida real e da vida que existe nos concellos, que dá a sensación de que está fora de xogo e anda perdida nun mundo idílico distinto a realidade que pretende xuzgar.
E por iso actúa con suma dureza nuns casos, mentres noutro está ceguiña de todo, e poño por exemplo as cafradas do PXOM desta cidade, onde os que modificaron os planos, cuestión que trouxo moitas consecuencias económicas negativas para os cidadans, estan na rúa limpos de polvo e palla. En fin, ir o concello con ánimos de facer algo positivo polos cidadans é algo perigoso que non lle recomendo a ninguén. E ratifícome: cada día creo menos na xustiza, aínda que como cidadán teño que acatala.