De pintadas e vandalismo

Por qué pós os pés no asiento do bus, pregunteille a un rapaz adolescente. Il, enteiro e cheo de razón, respostoume: isto é público.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 04/05/2018

Comparte esta noticia
Esa foi a contestación  que recibin daquel mozo que viaxaba no servizo público. O certo é que nada me extraña de que hoxe, moitos adolescentes, contesten o mesmo ou algo semellante. Pois, na sociedade que vivimos, cecais por erros de todos,  descoidamos  transmitirlle o valor das cousas que lle damos e  especialmente o custe de todo aquelo que forma parte do mobiliario urbano e os servizos públicos que disfrutamos todos. 
 
Isto é publico, e como é de todos, pensan os máis cativos e adolescentes, que  non custa cartos e que os servizos existen porque si. Polo que parece que  a día de hoxe, ninguén lles dixo que, dos impostos que pagamos, sae todo  aquelo do que disfrutamos e disfrutan eles tamén.
 
Algo semellante acontece con isas mans invisibles que enlaman portas e fachadas facendo garabatos que, algúns pensan que son obras de arte. E iste asunto lévame a outra constestación que me deu un veciño da cidade. Díxome o individuo:  facer unha pintada reivindicativa nunha fachada particular ou dunha institución é unha mostra de liberdade de expresión. Pois si, pero  supoño que se lle pintaran con garabatos a  fachada da súa casa  igual mudaba de opinión. 
 
Recentemente, nunha visita que fixen a unha cidade moi turistica de castela puden comprobar que nela non había nen unha soia pintada nin as sinais estaban cheas de grarabatos ou arrincadas. E axiña veume á mente o  fermoso casco vello da nosa Auria e o resto da cidadade, pois está cheo de pintadas e garabatos, amosando un aspecto de deleixo que o desvaloriza.  
 
Por iso  sabedor dos custes económicos que implica  para ás arcas públicas  reparar  os danos en mobiliario urbano que é desfeito a aposta polos mal chamados vándalos; ou eliminar as pintadas nas fachadas de pedra, etc. Fágo as seguintes preguntas: Que é o que falla na nosa sociedade e tamén nas institución para que todos os espazos de lecer,  servizos públicos,  mobiliario urbano, mal uso do que é de público, etc   sexa tan mal tratado? Que fai falla pra que valoremos o que temos e tratemos de respetalo e conservalo mellor?.
 
Posiblemente o primeiro erro veña  porque aprezar, valorar e respectar as cousas publicas non se ensina  no  seo familiar e na escola dáselle pouca importancia ó que, noutro tempo, se chamou educación cívica.  E por suposto, o máis grave,  é  a ausencia de vixiancia e sanción polas autoridades competentes destes actos. Menos mal que  coa detención recente  de dous pintafachadas pola Policia Local parece que se lle tenta pór freo a istes actos vandálicos..
Con todo, tamén sería moi importante que se publicitara o custe dos servizos e non so se publicitaran  as gratuidades dos mesmos. E por último, para que as cousas se valoren máis, sería bo reflexionar se  todo servizo público deber ter un mínimo custe económico para os cidadáns. Pois desa maneira  a valoración social do mesmo cambia e mellora moito. 
En fin,  que moito temos que avanzar  en civismo para semellarnos a unha sociedade respectuosa con todo o público.  Pois de civismo andamos un chisco escasos.
 

Pintada vandálica en Ourense
Pintada vandálica en Ourense | Fonte: H.I.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com