Por X.M. Fernández | Allariz | 08/09/2018 | Actualizada ás 11:00
O casco histórico da fermosa vila de Allariz acolle este domingo unha nova edición do Mercado de Artesanía “Arte de Man”. Os emprazamentos dos 30 postos que participan este ano serán a Praza Maior e a Praza de Abaixo, sendo o horario de atención ao público de 11:00 a 20:00 h.
Entre as disciplinas que ofrece este encontro coa mellor artesanía de Galicia están presentes, entre outras, a cerámica, pintura, debuxo e gravado, escultura, xoiería e bixutería, téxtil, vidrería, coiro ou madeira.
Os asistentes, ademais de ver e mercar produtos de alta calidade, poderán gozar de varios obradoiros e demostracións ao vivo como a talla de cristal, a cestaría, a elaboración de tecidos con tear ou o encaixe de bolillos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.