Crise humanitaria

Milleiros de persoas fuxen da miseria, da fame e da inseguridade vital. Son seres humanos que aspiran a unha vida máis digna. Camiñan días e dias en condicións infrahumanas pasando fronteiras para mellorar a súa existencia. Moitos morren no camiño ou afogados no mar e, os que chegan, son tratados e explotados como animais por outros que aprovenitandose do momento roubanos e chantaxénaos sen pudor nin pena algunha.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 07/11/2018

Comparte esta noticia

Os países europeos englobados no mundo occidendal foron quen de crear no último século un desenvolevemento social e económico  que, ós ollos desa xente, resulta ser a meta soñada para vivir.

Cuberta do libro 'Muller inmigrante, lingua e sociedade' (Galaxia), coordinado por Laura Rodríguez Salgado e Iria Vázquez Silva.
Cuberta do libro 'Muller inmigrante, lingua e sociedade' (Galaxia), coordinado por Laura Rodríguez Salgado e Iria Vázquez Silva.

Máis, á vista de moitos gobernos e moitos  cidadáns, os emigrantes non son máis ca delicuentes dos que hai que coidarse moito. Esas son as verbas do presidente dos EE.UU. Paradoxas da vida. O pais americano que se fixo con emigrantes europeos; que machacou as tribus aborixes ou  que as meteu   en reservas,  agora pon muros,  arames e concertinas para selar a súa fronteira.

E o pior desta historia é que non se acepta que o mundo fíxose ó traverso das migracións. Pero, hoxe ningún goberno quere ver que o que está a acontecer  no mundo é unha severa crise migratoria e humanitaria. Unha crise que se ve agravada pola chamada globalización da economía, que  deixou  de lado e esqueceu totalmente  a globalizacións mínima dos dereitos sociais.

Améríca latina e Africa desángranse pola emigración. E mentres o pais mais poderoso do planeta  impón a sua forza poñendo concertinas e esquecendo a súa curta historia.
Todos sabemos que é dificil solucionar o proceso migratorio; que para elo hai trocar a política  existente cos países que a sofren. Pero,  pra iso hai que afrontar o problema dende un punto de vista distinto ó estrictamente de peche de fronteiras e da forza represiba. Pois, de seguir así, non haberá maneira de parar a emigración cando sexan milleiros e milleiros as persoas que peten nas fronteiras.

Europa, en menos medida, tamén sigue xorda diante o problema da migración africana. Pois soamente interesa ise continente para sacar as materias primas e logo deixalo ó pairo de ditadores, gobernos autocráticos ou teocrácias onde o poder relixioso e político se mestura para frear o avance das sociedades. E así negóciase con gobernos que non respectan os direreitos humanos e menos dotan os paises dos mínimos servizos sociais e sanitarios. O problema da emigración non soamente é un problema de fronteiras. É moito máis fondo e severo. E pasa por que, o mundo desenvolto, mire a ises paises doutra maneira e esixa nos seus convenios económicos que os gobernos invirtan en temas de infraestructuras  educativas e sanitarias, ademais de respectar os direiros humanos. Pois se a xente non ten uns mínimos para vivir dignamente, a crise humanitaria e como consecuencia a emigración seguirá medrando e non haberá xeito de pórlle remedio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com