Desmemoria autonómica en La Sexta?

O venres día 7 de decembro o programa La Sexta Columna emitiu unha reportaxe sobre os corenta anos de autonomías no Estado onde Galicia a penas foi tratada.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2018 | Actualizada ás 17:56

Comparte esta noticia

O estado das autonomías cumpriu corenta anos. Para falar sobre isto e as últimas polémicas nacidas arredor da figura dos autogobernos, La Sexta realizou o venres día 7 de decembro un programa especial titulado “La Crisis de los Cuarenta” dentro do espazo La Sexta Columna presentado por Antonio García Ferreras.  Tratouse o feito histórico que podía estar detrás de cada unha das reivindicacións autonómicas que pediron no seu día territorios como o galego, vasco, catalán, castelán e os demais.

Mapa do antigo Reino de Galicia
Mapa do antigo Reino de Galicia

O curioso foi que o caso galego apenas foi tratado, só mencionado dúas veces e de maneira moi puntual. Nos primeiros minutos mencionouse que Galicia si tiña aprobado o seu proxecto de estatuto durante a II República. Uns minutos máis adiante, o profesor Carlos Río da Universidade de Comillas, mencionaba, tamén de pasada, que o Estado das Autonomías fora concibido para as nacionalidades históricas de “Cataluña, País Vasco y de forma más moderada, Galicia”. A partir de aí, non se menciona máis. Iso sí, o guionista só cualificou como “comunidades históricas” Euskadi e Cataluña. Pero curiosamente, engadiuse ao desenvolvemento do programa o caso andaluz.

Este caso foi un dos máis extensos do programa, que profundou nas raíces reivindicativas de Andalucía sobre a súa autonomía. Seguidamente, o caso castelán e leonés entrou nas explicacións do programa. Desde o desexo de moitos leoneses (tando da provincia de León, como Zamora e Salamanca) de non entraren na que logo sería Castilla y León, e que o programa definira como “un contrapeso aos cataláns”.

Seguiron co caso vasco-navarro e o cántabro. Navarra como comunidade foral que decidiu no seu día non formar parte do que agora é Euskadi e os sentimentos que actualmente viven nese lugar. No caso cántabro, as raíces e desexos da que fora provincia de Santander en Castilla la Vieja para ser logo Cantabria.

A cuestión é que o caso galego só foi tratado desa maneira, por riba, moi por riba. Dicir tamén que o caso vasco tivo menos tempo que o catalán e este menos que o andaluz. Pero aínda así, non se explica unha posible desmemoria con respecto ao proceso autonómico galego.  Escasa importancia? 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

2 Rafael

Galicia está morta. Para que a ían tratar no proghrama?

1 MareaSim

Hai marea!