A primeira, que non atino a entender, é como no gran Imperio americano, terra que din das oportunidades e das liberdades, aínda se mantén vixente a pena de morte. Ben sei que o país referido aínda é moi xoven e ten poucos séculos de historia, polo que mantén vivas cuestións que soamente viamos antano nas pelis de vaqueiros. Cuestións como son o acceso ceibe ás armas e a súa exhibición en público e as execucións sumarísimas.
Todos sabemos que os EE.UU naceron de xente fundamentalmente europera que, fuxindo de penurias e de crises no vello continente, emigraron, sen papeis, ó novo mundo americano; e alí, despois de machacar e case exterminar ás tribus indíxenas, crearon o país que hoxe coñecemos. Polo tanto, estamos diante un Estado con pouca historia as súas costas e pouca perspectiva se o comparamos coas nacións e estados da vella Europa onde naceron e medraron ideas, inventos e filosofías de todo tipo. Por iso hai referentes cara onde mirar e alí moi poucos.
A segunda cuestión está referida ós principios que inspiran, ou alomenos iso é o que se dí, os termos nos que se basa a xustiza. Pois se en Europa serás sempre un individuo inocente ate que se demostre con probas que eres culpable, no Estado referido parece que é completamente á inversa. Pois tes que demostrar que eres inocente de calquera acusación que che faga a policia contra a túa persoa. Iste detalle, que non é pequeno, valora sempre máis as acusacións que a presunción de inocencia. Polo que, volvendo o asunto da condena do hispano-americano sr. Ibar todo o que lle acontece derívase dunha acusación. Por iso, no caso referido hai dúas cuestións que chaman a atención poderosamente. A primeira é que: como se pode condenar a unha persoa dunha maneira tan contundente sen expor unha argumentación e probas claras nas que se sustente tal sentencia? Este asunto lévanos a outra pregunta: é mellor que te xuzgue un xurado ou uns xuizes? Pois os xuíces alomenos teñen que argumentar as causas da condena e sempre son máis imparciais e dificiles de se guiar por sentimentos.
Non cabe dúbida de que, no asunto da xustiza, pouco temos que aprender e menos envexarlle ó Estado dos ianquis. Posiblemente unha sentencia sen probas contundentes, aínda que forá dada por un xurado, en España, sería correxida por un tribunal superior. Pero nos Estados Unidos parece que aínda perviven atisvos da lei do oeste onde case sempre tomábase a xustiza pola man. En fin, por moitas eivas que teña a xustiza española, non hai comparación nin cor co que pasa no xigante americano.
Dificil camiño lle espera a esta persoa. Dificil, tortuoso e angustiosos anos lle esperan nun pais onde a xustiza ten uns costos elevadisimos para demostrar que eres inocente. Nun país onde a policia case sempre primeiro dispara e logo pregunta. Nun país no que, cando te deteñen, xa tes a consideración de culpable e iso áte te pode levar á morte. Pouco máis que dicir; Ser culpable sen probas é unha traxedia e unha tristura.